
Hoxe na biblioteca hai pouca xente. O verán está a rematar e os estudantes están cos exames. Tamén muita xente remata as súas vacacións e as anduriñas da foto que naceron a primeiros de verán xa van camiño de África...E as uvas están maduras. Falta pouco para a vendima 2006.
tanto o anterior post como este traenme recordos imborrables…
ResponderEliminarUnha aperta
boas, benvido de novo por estes territorios, que aleghría!!! Unha apreta
ResponderEliminaranduriñas, curiosas aves... anque ningúnha coma os mouchos, :)
ResponderEliminarsaúdos.
E cada vez queda menos pra poder cata-lo viño novo.
ResponderEliminarIt`s the final countdown, tiroriroooo...
ResponderEliminarNótoche un pouco amacelado ¿non?
ResponderEliminarAgora teño que recoñecer que sinto algo estraño ao pasar polo teu blog...
Súde e terra, paideleo.
As andoriñas levan toda a vida aniñando na casa de Silvaoscura, a pesar da ameaza incesante dos gatos. É fermosísimo velas xuntarse para marchar. Para min, sempre serán todo un símbolo do paso do tempo, do cambio, da permanencia, da vida. Un saúdo.
ResponderEliminarAs anduriñas son unha imaxe representativa do verán e dos ciclos e gústanme.
ResponderEliminarCando marchan as anduriñas remata o verán e comeza a vendima.
Graciñas polos comentarios e espero que vos fose bo este verán.
outro ano máis que non tocará ir a vendima... cambio de vida...
ResponderEliminartampouco é me gustara moito iso de apañar cestos, pisar uvas e espantar avésporas, pero agora que non o teño sinto algo de morriña :D
unha aperta