
Como podes ver o Colín admite o novo inquilino da casa sen muito problema. Hai veces que se extraña cando oe algún peidiño que lle escapa a Leo pero o problema non pasa de aí e non se notan excesivos ciumes.
O Leo segue progresando neste mundo e bota as primeiras bagullas líquidas (os nenos non teñen saco lagrimal cando nacen). O que leva pior son os gases que o poñen rallante e fan que retorza a cara en mecos lastimosos. A avoaM, nese caso, dálle un coliño e cántalle unha cantiga que eu non coñecía:
- Fun onda miña madriña que me dera merendiña. Deume unha cunca de papas; a cunca estaba fanada i a culler esfanicada e chaménlle CARA TORTA e deume ca tranca da porta.
Ata a seguinte.
e antes de que te des conta andará xa a correr pola casa...
ResponderEliminarun saúdo.
que linda familia!
ResponderEliminarque ben que O'Leo teña unha avoa que lle cante cantigas. Cun pouco de sorte, ti cantarasllas aos netiños :)
unha aperta
Fermoso
ResponderEliminarQue riquiños! Alégrome de que todo vaia ben. :)
ResponderEliminartamén tiven (e teño!) unha avoa que me canta -ainda hoxe cos seus 90 anos- cántigas desas. E eu son dos que creen que sanan males, escampan penas e fan medrar mais feliz. Apertas á avoa cantareira e aos pais e a Leo!
ResponderEliminartamén tiven (e teño!) unha avoa que me canta -ainda hoxe cos seus 90 anos- cántigas desas. E eu son dos que creen que sanan males, escampan penas e fan medrar mais feliz. Apertas á avoa cantareira e aos pais e a Leo!
ResponderEliminarQue bonitiño está Leo! Dentro de nada xa o veremos a gatear por aí...
ResponderEliminarSaúdos!!
¡Disfrutao Pedro, deseguida pasa...!
ResponderEliminarQue ben están na foto, da gloria velos.
ResponderEliminarBeijos para os tres e para o retratista.
;)
Fermosa cantiga. Así pasan todos os males.
ResponderEliminarunha imaxe preciosa, a foto.
ResponderEliminare unha cantiga que non coñecía.