Esta fin de semana pasada por fin saiu o sol cun algo de forza e ledicia. Puidemos desfrutar de paseos e imaxes preciosas de outono coma a flor tollemerendas, pequena e tóxica; xurdindo entre os fentos e follas caídas. Ou unha bolboreta libre ( Vanessa Atalanta ) e disposta para voar na súa liberdade. Tamén puidemos desfrutar dos primeiros sorrisos vontarios de Leo e tempos cada vez máis prolongados sen choros e espreitando o seu mundo ó redor.
Todo ía ben ata hoxe no momento en que a vida reafirma que pode ser caprichosa e cruel. Nas novas da televisión falaron do secuestro dun familiar meu e quedei arrepiado, afundido e impotente ante semellante infortunio. Por iso hoxe quero adicar estas fotos ó meu curmán esperando que esta situación angustiosa que está a vivir remate con ben e que os días sen liberdade sexan poucos. O primeiro sorriso que me fixo o Leo quero adicarllo tamén para Roberto agardando que sexan poucos os días que faltan para que se coñezan.E creo que hoxe non podo escribir máis.
Ánimo. Oxalá todo saia ben.
ResponderEliminarMoitos ánimos da miña parte tamén e un saúdo para todos os seus.
ResponderEliminarOla meu!!!!!!!!!!!!!!! Como verás teño o blogg algo paralizao por diversos motivos. Pero alégrome moito saber de ti e ver que todo vai ben con esa preciosidá!
ResponderEliminarMoitos bicos e quilos de saúde!!!!!
que podo dicer... agardo que todo saia ben, e aonfío en que así será...
ResponderEliminarEiiiii!,Paideleo brindemos xa por un Roberto liberado!
ResponderEliminarO meu máis fondo pesar por este secuestro, se ningún se pode xustificar, o dun cooperante e exclusivamente por temas económicos parece dobremente aberrante.
ResponderEliminarEsperemos que a diplomacia e a sensatez conxuguen unha saída en breve.
Unha aperta
Coido que xa oin algo acerca de que liberaran o teu parente. Oxalá sexa así, e rematedes pronto con ese mal trago.
ResponderEliminarSorte que hai xente traballando por facer de este un mundo mellor.
Non tiña ni idea!! Sí que estabamos ó tanto da noticia pero nontiñamos idea de que estaba ligada a vos dalgunha maneira. ESpero q todo vaia ben. Un abrazo ós tres.
ResponderEliminarEntereime tarde da túa relación con Roberto, e por sorte só teño que te felicitar por que o ceibaran.
ResponderEliminarUnha aperta para os tres da casa.
É boa verdade o que din que se non hai novas, son boas novas. Alédome que todo rematase ben :)
ResponderEliminarapertas Acedre para ti e os teus. Coido que o mal momento rematou, pero as apertas siguen aí.
ResponderEliminarAlédome de que todo saira ben ;)
ResponderEliminarPasou o susto. Alégrome da liberación do teu curmán, dos primeiros sorrisos Leo e da beleza do outono. Apertas.
ResponderEliminarAlégrame moito que todo teña saído ben. Saúdos.
ResponderEliminarAcabo de ler o último que escribiches. Só podo unirme a todos aqueles que se aledan de que todo saíra ben. Tivo que ser unha espera horrible.
ResponderEliminarApertas!
fun ó enlace que deixaches, pero non souben interpretar quen era o teu primo.
ResponderEliminaren calquera caso, supoño que ese asunto xa estará zanxado... (espero)
esa floriña que pos, andiven eu a procurar o seu nome, porque me trai recordos da miña nenez, alá na aldea, despois na coruña non nacen no asfalto.
e deben durar pouco, porque ainda que vou ó campo moitas veces por o placer de estar na naturaleza,
poucas veces me tropecei con elas.