Páxinas

mércores, 25 de outubro de 2006

Cantinela da cara torta



Como podes ver o Colín admite o novo inquilino da casa sen muito problema. Hai veces que se extraña cando oe algún peidiño que lle escapa a Leo pero o problema non pasa de aí e non se notan excesivos ciumes.

O Leo segue progresando neste mundo e bota as primeiras bagullas líquidas (os nenos non teñen saco lagrimal cando nacen). O que leva pior son os gases que o poñen rallante e fan que retorza a cara en mecos lastimosos. A avoaM, nese caso, dálle un coliño e cántalle unha cantiga que eu non coñecía:

- Fun onda miña madriña que me dera merendiña. Deume unha cunca de papas; a cunca estaba fanada i a culler esfanicada e chaménlle CARA TORTA e deume ca tranca da porta.

Ata a seguinte.

11 comentarios:

  1. e antes de que te des conta andará xa a correr pola casa...

    un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. que linda familia!

    que ben que O'Leo teña unha avoa que lle cante cantigas. Cun pouco de sorte, ti cantarasllas aos netiños :)

    unha aperta

    ResponderEliminar
  3. Que riquiños! Alégrome de que todo vaia ben. :)

    ResponderEliminar
  4. tamén tiven (e teño!) unha avoa que me canta -ainda hoxe cos seus 90 anos- cántigas desas. E eu son dos que creen que sanan males, escampan penas e fan medrar mais feliz. Apertas á avoa cantareira e aos pais e a Leo!

    ResponderEliminar
  5. tamén tiven (e teño!) unha avoa que me canta -ainda hoxe cos seus 90 anos- cántigas desas. E eu son dos que creen que sanan males, escampan penas e fan medrar mais feliz. Apertas á avoa cantareira e aos pais e a Leo!

    ResponderEliminar
  6. Que bonitiño está Leo! Dentro de nada xa o veremos a gatear por aí...
    Saúdos!!

    ResponderEliminar
  7. ¡Disfrutao Pedro, deseguida pasa...!

    ResponderEliminar
  8. Que ben están na foto, da gloria velos.

    Beijos para os tres e para o retratista.
    ;)

    ResponderEliminar
  9. Fermosa cantiga. Así pasan todos os males.

    ResponderEliminar
  10. unha imaxe preciosa, a foto.
    e unha cantiga que non coñecía.

    ResponderEliminar

És humano ti ?