Páxinas

luns, 16 de outubro de 2006

Arrolando o nécoro



Estes días non teño muito tempo para escribir, xa sabes: visitas, o mal tempo, o Leo que non lle gusta muito o coche, malas tardes que dá o necoriño ( non muitas por fortuna) e demáis cotiandades. Iso si, aínda puiden tirarlle unha foto a uns novios veciños de raza xitana que pasaron diante da ventá.

E así segue a vida: mentres uns casan outros arrolan o seu fillo no colo que tamén ten o seu intringuilis e a ledicia que dá conseguir que por fin durma.

Ata outra.

8 comentarios:

  1. Creo que xa o dixen algunha vez no dos pelachos pero é que para nós hai un antes e un despois de Duérmete Niño. (Por certo, teño o e-book. Se o queres podo pasarcho por mail).
    Bks

    ResponderEliminar
  2. Por unha parte, a min dame moito medo o de ter fillos, pero, por outra, xa empeza a apetecerme :)

    ResponderEliminar
  3. é ese momento no que sintes a respiración fonda e o corpiño pesado e deixandose ir no que sintes que es un bo pai/unha boa nai. O resto todo dúbidas...

    ResponderEliminar
  4. Perdoámosche que escribas menos...
    ainda que nos guste tanto visitar o teu blogue ;)

    ResponderEliminar
  5. vodas curiosas as xitanas...

    que sigades progresando no coñecemento mutuo acedre-leo. moi boa opción a de non bautizar o cativo, tempo terá de facelo se quer. O importante é educalo con xeito e con valores. De seguro que facedes moi ben!

    unha aperta

    ResponderEliminar
  6. perdoa pola miña ausencia e polo que é peor e agora fago, mil parabéns á familia pola chegada do necoriño.

    Un saúdo!!

    ResponderEliminar
  7. Que tal vas levando o das horas de sono perdidas? E o dos cueiros? Éntranche ataques de pánico -como sen dúbida me pasaría a min se me vise no caso- cada vez que Leo chora e non sabes a razón? Estades a vivir un tempo precioso. Gozáedo.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  8. as primeiras semanas son difíciles e maravillosas ao tempo, ;)

    un saúdo.

    ResponderEliminar

És humano ti ?