Páxinas

xoves, 2 de novembro de 2006

Liberación



Coa liberación de Roberto estou ledo coma o adorno do canastro da foto.

Quero agradecer a todos os que comentaron dando ánimos e apoios na espera do fin do secuestro. Tamén quero agradecer as mostras de ledicia recibidas pola liberación do meu curmán.

E a vida segue. Que a noite dos calacús e o día dos Mortos vos fosen bos.

8 comentarios:

  1. pois aproveito para saudar aquí tamén a liberación do teu curman e para mandarte un saúdo con esas boas vibracións, :D

    ResponderEliminar
  2. ¡Hostiandios!, eu non me entero de nada. Nunca é tarde se a dicha e boa. Moitos bicos pra teu curman, pra ti e `pro povo Palestino. Caghonatos, eu son parvo. Un par de evos si que os ten Roberto.

    ResponderEliminar
  3. Aledeime moito cando o souben, e aínda me aledo máis ao saber que sodes da familia.

    Certo, a vida segue e que os meniños sigan a medrar sans e fortes...

    unha aperta

    ResponderEliminar
  4. Unha ledicia que todo rematara ben.
    E coa volta á normalidade... ¿ti non serás de terra de canteiros, verdade? Porque está ben juapo o canastro:) Sorprendente que puxeras "canastro", tomareino como unha reivindicación de ese localismo do sur de Pontevedra.

    ResponderEliminar
  5. Nunca é tarde cando a dita é boa. Xa pasou, agora esperemos que todo siga ben. O xesto do Roberto é para quitarse o sobreiro, ten un par de güevos...

    ResponderEliminar
  6. Alégrome de que esteas ledo. Por certo, en Silvaoscura tamén dicimos canastro. Boa fin de semana.

    ResponderEliminar
  7. Graciñas a todos outra vez.

    ResponderEliminar
  8. Recórdome algo da noticia do teu curmán, supoño que agora estará perfectamente e non tería máis problemas de este tipo.

    E vaia co canastro de Arnoso, mira que vivo cerquiña del e non me dou conta, pasarei despacio por alí a ver se o vexo.

    ResponderEliminar

És humano ti ?