Páxinas

luns, 18 de decembro de 2006

Agasallos para o Nadal


Onte foi día de comercios buscando agasallos. Hai algunha cousa curiosa e algún capricho pero a da foto fíxome gracia. Terei que ver esa historia a ver se podo superala.

9 comentarios:

  1. Ao pelacho encántanlle os dos Bolechas, e agora que xa le el, non che digo nada!

    ResponderEliminar
  2. A Santiago tamén lle gustan moito!!!! non as lee so, pero gústalle identificar aos nenos. Dí "Pili", "Loli" e babau para o Chispa. Libros son os mellores agasallos!!

    ResponderEliminar
  3. Os meus tamén son fans dos Bolechas. Antes de durmir, xa deitados, temos sesión de lectura coas súas aventuras. E eu disfruto igoal que eles.

    ResponderEliminar
  4. Os bolechas son unha excelente opción para os mais pequenos, non está de mais lembralo nestas datas, ;D

    un saúdo.

    ResponderEliminar
  5. Eu tamén son fan dos Bolechas!
    Son xeniais!

    ResponderEliminar
  6. ¡Ai pedriño, o silenzo non che é froito da indiferencia!
    E que os días, nestas datas, non chegaban a nada, menos mal que xa estou de vacacións, tres semaniñas para folgar e disfrutar dos meus...
    Eu hoxe tamén me deitei un pouquiño coa minha cativa, agora xa lé ela para min..."mañá" tamén ira ela a traballar e eu quedarei tomando o sol e a esperar :-)
    Que pasedes unhas boas festas.

    ResponderEliminar
  7. O do Mortadelo de La Mancha e o seu escudeiro Filemoncho ten pinta de ser a caña.

    ResponderEliminar
  8. Ai estes Bolechas...eu xa lles collín algúns aos meus sobriños, e a algún amiga áis. Gustanlle a todos os nenos...ademais o de ir percorrendo diferente sitios de Galicia é unha idea moi boa!!! Eu coñezo tamén o de Compostela e o de Ferrol.

    Biquiños e un estupendo ano novo co voso fillo!!!

    ResponderEliminar
  9. Fiquei curioso co Bolechas sobre o castelo encantado de Vilaguindastre e teño que mercalo. O Mortadelo da Mancha xa o merquei e o Monopoly de Vigo ten a súa gracia.
    Graciñas a todos polos comentarios e a desfrutar lendo !.

    ResponderEliminar

És humano ti ?