Páxinas

xoves, 5 de abril de 2007

Felicitación para Kasege


Como pasa o tempo !. Hai un ano felicitaba á miña irmá no outro blogo que tiña nos EEUU. Falaba dela coma a raíña Kasege e que lle fixera un debuxo e todo co seu castelo e aquí o poño para que mires en que gastaba eu o tempo de rapaz. Neste ano que pasou houbo muitas novidades e o que lle debo á raíña Kasege non fixo máis que incrementarse pola cantidade de favores, axudas e apoio que recibimos dela e máis do meu cuñado. Así que no seu cumpreanos non podo facer máis que lembrar aquela felicitación do ano pasado e, de paso, desexar sorte ó meu cuñado na liguiña dos birlos que se disputa polo concello de Acedre.
Gustaríame ser rico para poderlles regalar un castelo coma o do debuxo.

13 comentarios:

  1. Ola! un blog realmente interesante.Visitareiche con asiduidad.
    Saúdos

    Robert

    ResponderEliminar
  2. Non sabía que eras un bo dibuxante. Felicidades a túa irmán. Moi interseante ese xogo dos birlos; nono coñecía

    ResponderEliminar
  3. Pero non dis que xa lle regalaches o debuxo...? ¿pensas ti que túa irmá sería moito máis feliz regalandolle un castelo de verdade?
    ¡Tes cada cousa!

    ResponderEliminar
  4. Xa vexo que isto de publicar as obras de arte de un tira! A creatividade está no sangue, que sei que non eres o único da family.

    ResponderEliminar
  5. Precioso debuxo. Eras un artista. Segues debuxando?

    ResponderEliminar
  6. Bonito debuxo, si señor. Dende logo non se che pode negar que de rapaz eras traballador, que a este debuxo véselle as horas que pasache facéndoo. Eu, se fora a túa irmá, estaría encantada cun regalo tan bonito, e cun irmán que me fixo un presente tan especial.

    ResponderEliminar
  7. Fermoso debuxo e fermosa intención.

    ResponderEliminar
  8. home, os castelos son moi malos de amueblar... un debuxo sempre decora...

    ResponderEliminar
  9. Fermosos presentes que fas paideleo

    ResponderEliminar
  10. Graciñas polos piropos. Empecei a debuxar e deixeino antes de aprender.
    Un saúdo a todos.

    ResponderEliminar
  11. lembrome perfectamente daquel post! Parabens para a raiña, dende logo!

    ResponderEliminar

És humano ti ?