
Hai uns días recibimos a visita dunhas Testemuñas de Jehová que deixaron un papel onde convidaban a coñecer a Xesuscristo. No papel había un enderezo na interrede e busquei para coñecer un pouco de que vai esta xente. O máis curioso para min foi topar a listaxe de idiomas dispoñibles: 310 !. Busquei o galego pero non estaba pero tampouco aparecían nin catalán nin basco. Iso si; aparecían idiomas ben curiosos que eu non coñezo de nada e outros que case se entenden de todo como o papiamento.
Na foto sae unha prostituta diante dun edificio relixioso: "un prostituta dilanti di edifisionan religioso", en papiamento.
O papiamento é un idioma ben curioso. Se lle presta un chisco de atención ao Leo, cousa que non dubido, non tardará en aprendelo :-)
ResponderEliminarA túa curiosidade é invidiable.
Son uns señores moi simpáticos que sempre te paran cun sorriso de orella a orella?... pois son majetes, pero moi palizas con que coñezas a un tal Suso, debe ser a caña o Suso este para poñerse así tan pesados.
ResponderEliminarPois tirando de wikipedia resulta que o papiamento é un idioma crioulo do Caribe que mestura portugués e español con algo de holandés. Así que xa se pode entender, xa.
ResponderEliminarVaia flipada, tenhen cada lingua mais rara... eso si como ben dis galego nada, é unha pena se o houbese o mellor ata me facia da secta esa, jeje. con esas paranoias tan guapas que tenhen a ver quen se nega! un día vinheronme uns a min e van e dinme: " que te parecería un mundo sin ruedas?" cun folleto de autoestradas ardendo cheas de neumaticos.. eso si que é revolucio carallo e o demais caralladas! jejeje.
ResponderEliminar¿déronche o mesmo papel que a Ghanito (http://apocalipsedoporco.blogaliza.org/2007/04/02/mais-spam/ ,le o do final) e o que recibín eu en Alemaña? xa empezo pensar nun compló. Conspiranoia!!!
ResponderEliminarCoídese das testemuñas do señor...
ResponderEliminarSerá que en galego non teñen moitos adeptos... porque se os tiveran editarían en galego. Iso seguro.
ResponderEliminarconvideino a vostede a un xoguiño: http://ningures.blogspot.com/2007/04/fornicancins_04.html
ResponderEliminarque Leo mire para outro lado...
Ai quen se aburre e ten que pasar o tempo facendo lavados de cerebriño, por sorte non todos se deixan, respetando a todo o mundo, que cada un apañe co que elixa pero que den o dereito a poder elexir...
ResponderEliminarBqñs
Logo que non se queixen se non teñen clientes galegos!
ResponderEliminarSempre me pareceron uns pesados estes que se empeñan en facer proselitismo.
ResponderEliminarSupoño que non empregarán nin o galego nin o basco nin o catalán porque falan de asuntos mui "serios" e estes idiomas non servirán para os seus propósitos.
ResponderEliminarIso si, despois empregan cada idioma minoritario que é para extrañarse.
Bueno, alá eles. Eles ofrecen e os demáis collen se queren.
Graciñas pola visita nesta época de vacacións e a desfrutaaaaar.