
Como pasa o tempo !. Hai un ano felicitaba á miña irmá no outro blogo que tiña nos EEUU. Falaba dela coma a raíña Kasege e que lle fixera un debuxo e todo co seu castelo e aquí o poño para que mires en que gastaba eu o tempo de rapaz. Neste ano que pasou houbo muitas novidades e o que lle debo á raíña Kasege non fixo máis que incrementarse pola cantidade de favores, axudas e apoio que recibimos dela e máis do meu cuñado. Así que no seu cumpreanos non podo facer máis que lembrar aquela felicitación do ano pasado e, de paso, desexar sorte ó meu cuñado na liguiña dos birlos que se disputa polo concello de Acedre.
Gustaríame ser rico para poderlles regalar un castelo coma o do debuxo.
Ola! un blog realmente interesante.Visitareiche con asiduidad.
ResponderEliminarSaúdos
Robert
Non sabía que eras un bo dibuxante. Felicidades a túa irmán. Moi interseante ese xogo dos birlos; nono coñecía
ResponderEliminarBonito castillo.
ResponderEliminarhola pepe penas
ResponderEliminarPero non dis que xa lle regalaches o debuxo...? ¿pensas ti que túa irmá sería moito máis feliz regalandolle un castelo de verdade?
ResponderEliminar¡Tes cada cousa!
Xa vexo que isto de publicar as obras de arte de un tira! A creatividade está no sangue, que sei que non eres o único da family.
ResponderEliminarPrecioso debuxo. Eras un artista. Segues debuxando?
ResponderEliminarBonito debuxo, si señor. Dende logo non se che pode negar que de rapaz eras traballador, que a este debuxo véselle as horas que pasache facéndoo. Eu, se fora a túa irmá, estaría encantada cun regalo tan bonito, e cun irmán que me fixo un presente tan especial.
ResponderEliminarFermoso debuxo e fermosa intención.
ResponderEliminarhome, os castelos son moi malos de amueblar... un debuxo sempre decora...
ResponderEliminarFermosos presentes que fas paideleo
ResponderEliminarGraciñas polos piropos. Empecei a debuxar e deixeino antes de aprender.
ResponderEliminarUn saúdo a todos.
lembrome perfectamente daquel post! Parabens para a raiña, dende logo!
ResponderEliminar