Páxinas

luns, 25 de xuño de 2007

Oleiros


O sábado fixo mui bo tempo e fomos ata Culleredo e Oleiros para faceren un exame Cris e Ana. En Culleredo paseei co Leo polo paseo da ría do Burgo mentres había xente facendo footing e un parrullo lle fuxía a Leo cando falaba co el como fala con tódolos animais que topa no camiño. Eu quería mostrarlle os muxos a Leo pero el miraba para o muro de pedra.
Logo fomos con Cris e Ana a Oleiros, xantamos nun restorán do paseo e visitamos o castelo de Santa Cruz que sae na foto " roubada " no flickr. Eu non sabía que era do concello e que se podía visitar e levei unha grata sorpresa. Dentro había unha exposición sobre os lobos e o Leo falou cun lobo desecado.
O Leo desfrutou do paseo e da viaxe no coche. Despois paramos en Marín un chisco e volta para Vilaguindastre.
O domingo fomos xantar a Arbo e á volta na tardiña empezou a chuvia outra volta.
E hoxe luns volta á rotina do traballo.

9 comentarios:

  1. Rodeei centos de veces ese castelo, xa que vivín a tres quilómetros de el, no Carballo, e tiña por costumbre ir andando hasta ahí pra ver o mar, o dia que non iba a Corme os percebes. As veces, entrame a melancolía, e volvo, xusto ahí, o Castelo de Santa Cruz.

    ResponderEliminar
  2. Podíamos ter coincidido em Culleredo! Eu este ano decidi apresentar-me por Lengua Castellana y Literatura em vez de por inglês... Mas já fiz os exames em Culleredo no 2000 (o ano passado foram em Vigo).

    São curiosas as aproximações com que a vida nos faz coincidir... Há uns anos, num chat, eu estava a falar com uma rapariga e resulta que ao pouco descobrimos que ambos éramos professores de inglês, que os dois estivéramos no Reino Unido no mesmo ano (ela em Newcastle; eu em Londres); e que os dois íamos fazer esse ano o exame para Traductor Jurado em Madrid. E trás várias semanas de falar com ela naquele chat, fui onde a conheci, a 600 quilómetros das nossas respectivas casas...

    ResponderEliminar
  3. Pois si, Oleiros é unha vila tan fermosa como politicamente estraña.

    ResponderEliminar
  4. Unha excursión ben bonitiña, e ese Leo que non esqueza o idioma ise que fala cos animáis, halle ser moi útil no futuro...

    ResponderEliminar
  5. Sorte entón a Ana e para outra avisa que quedo a carreira dun can e non estaría mal coñecer á túa familia :)

    ResponderEliminar
  6. Bonita excursión.

    PaideLeo, gustaríame facerlle unha pregunta: en que idioma falan con Leo os seus pais?

    ResponderEliminar
  7. Oxalá que todos fixeramos ese exercicio de comprensión para tentar falar cos animais. Seguro que nos convertiamos en mellores persoas como é Leo eos seus.

    ResponderEliminar
  8. Suso: o lugar é marabilloso para sandar melancolías.
    parzival: eu xa pensara no caso de topar algún blogueiro nos exames. E é que este mundo é máis pequeno do que parece. Sorte no teu exame.
    mario: Oleiros seméllame unha cousa coma Nigrán. Nontiven tempo para coñecelo máis. E da política si que non sei nada.
    rifo i de zeuquirne: nós trataremos de que polo menos Leo respeite os animais anque non logre falar con eles.
    besbellinha: non avisei porque iamos ó que iamos. Amáis Ana segue sendo tímida.
    mrs. Doyle: a excursión estivo ben.
    Eu falo en galego con Leo sempre, Ana ás veces pero máis en español. Tamén lle solta cousas en inglés pero as menos. No futuro o Leo escollerá a lingua que quere e, vendo o panorama, seguro que falará español...despois do maternés.
    brais: todos temos que aprender de todos e dos animais tamén.

    Graciñas a todos polas vosas palabras.

    ResponderEliminar

És humano ti ?