Páxinas

martes, 31 de xullo de 2007

A interrede non ten que descansar



Esta imaxe fíxome gracia e póñoa aquí.

Polo día os saltóns chimpan, as herbas estalan e os paxariños abren o peteiro. Os insectos voadores dan a tabarra e a xente súa. Apetecen ensaladas e cafés con xeo. De noite cantan os grilos e se abren as fiestras.

Todo isto é o verán con calor e un motivo para abandonar o blogo aparte de vacacións e viaxes. Eu non teño vacacións e seguirei escribindo e visitando blogos e aprendendo cousas como a frase que lin: CAMBIO O DOBRE DO QUE SEI POLA METADE DO QUE ME FALTA POR SABER. Así tamén descubro fotos preciosas e actuais de Galicia e, por se fose pouco; a partir de hoxe seguirei a viaxe dunha parella arredor do mundo que me dan muita envexa. Isto da interrede é unha pasada.

4 comentarios:

  1. Jajajaja! Boísimo!
    Non é que os abandonemos... só que coa calor nos esquecemos de darlles de comer. Polo menos no meu caso ;)
    Unha aperta!

    ResponderEliminar
  2. e os que os temos famentos dende hai meses? :)

    a calor o único que fai e que se deshidraten un chisco máis!

    apertas e tentarei dar de comer o tamagochi :D

    ResponderEliminar
  3. Pois eu tiña pensado tomarme vacacións de todo...a ver agora se non me remorde a conciencia :D Bicos!

    ResponderEliminar
  4. Eu, aínda que non escribo moito, seguirei por aquí. Bonitos sitios os que descubriches.

    ResponderEliminar

És humano ti ?