Páxinas

domingo, 29 de xullo de 2007

O Leo na praia de Abra


O sábado fixo calor de verán por fin. Pola tarde o Leo refrescouse nunha bañeira na finca dos avós en Pías e contra a tardiña fomos á praia da Abra ou Patos. Había muita xente ( nós formamos parte dela queiramos ou non ) e o Leo desfrutou nunha charca de auga salgada e con golfes e outras algas por primeira vez na súa vida. Tamén lle gusta acumular area e falar só con ela.
Pola megafonía da praia anunciaban a desaparición dun neno e decateime do angustioso desa situación; tanto para o neno como para os pais. De alí a uns minutos xa avisaron de que aparecera o neno. A min de pequeno nunca me pasou iso e o único malo que me pasou foi a trichadura da pel da pilila coa petrina do pantalón. O típico: tocaba marchar e tiña o bañador mollado entón miña nai vestiume o pantalón sen calzón nin nada e pasou o que tiña que pasar. Pasei muita dor nese momento pero foi pior cando meu pai logrou desengancharme a base de darlle arriba e abaixo á petrina.
Iso, historietas da praia.

9 comentarios:

  1. Que boa a historieta do teu trauma! jejej.. e tamén a foto do leo, que está repoludo que dá gusto!
    Apertas

    ResponderEliminar
  2. Que doooooooooooooooooor

    ResponderEliminar
  3. Aqui na Arxentina, cando un neno pérdese nunha praia todos comezan a aplaudir ao redor do rapaz para que os pais saiban onde ir buscalo. Non é, certamente, un método sofisticado pero dende que teño uso de razón é moi efectivo.

    ResponderEliminar
  4. mira que fai calor pero acabo de ter un calosfrio! que dano, mimadriña!

    o leo segue fermoso e repoludo!

    por certo, os teus desexos foron ordes inconscientes ;)

    apertas

    ResponderEliminar
  5. Non me estraña que che quedase gravado.
    O Leo aquí está moi serio pero na de abaixo sorrí que dá gloria. Noraboa!

    ResponderEliminar
  6. Pois anda con coidado, que sin eso non se poden facer mais nenos, se chegado o caso se emancipa o leiño, je je.

    ResponderEliminar
  7. O que me pasou foi hai ben anos e non quedou secuelas e agora teño muitíiiiiisimo cuidadeo co estas andainas.
    Gustoume o sistema arxentino de axuda a nenos perdidos e de momento non pensamos nun irmanciño para o Leo ( anque tamén o Leo viu de sorpresa ).
    Graciñas polos comentarios e os piropos para o Leíño.

    ResponderEliminar
  8. Que riquinho o Leo, parece Ruíz Gallardón de pequeno, facendo tobos.

    ResponderEliminar

És humano ti ?