
O sábado fixo calor de verán por fin. Pola tarde o Leo refrescouse nunha bañeira na finca dos avós en Pías e contra a tardiña fomos á praia da Abra ou Patos. Había muita xente ( nós formamos parte dela queiramos ou non ) e o Leo desfrutou nunha charca de auga salgada e con golfes e outras algas por primeira vez na súa vida. Tamén lle gusta acumular area e falar só con ela.
Pola megafonía da praia anunciaban a desaparición dun neno e decateime do angustioso desa situación; tanto para o neno como para os pais. De alí a uns minutos xa avisaron de que aparecera o neno. A min de pequeno nunca me pasou iso e o único malo que me pasou foi a trichadura da pel da pilila coa petrina do pantalón. O típico: tocaba marchar e tiña o bañador mollado entón miña nai vestiume o pantalón sen calzón nin nada e pasou o que tiña que pasar. Pasei muita dor nese momento pero foi pior cando meu pai logrou desengancharme a base de darlle arriba e abaixo á petrina.
Iso, historietas da praia.
Que boa a historieta do teu trauma! jejej.. e tamén a foto do leo, que está repoludo que dá gusto!
ResponderEliminarApertas
Que doooooooooooooooooor
ResponderEliminarAqui na Arxentina, cando un neno pérdese nunha praia todos comezan a aplaudir ao redor do rapaz para que os pais saiban onde ir buscalo. Non é, certamente, un método sofisticado pero dende que teño uso de razón é moi efectivo.
ResponderEliminarmira que fai calor pero acabo de ter un calosfrio! que dano, mimadriña!
ResponderEliminaro leo segue fermoso e repoludo!
por certo, os teus desexos foron ordes inconscientes ;)
apertas
Non me estraña que che quedase gravado.
ResponderEliminarO Leo aquí está moi serio pero na de abaixo sorrí que dá gloria. Noraboa!
E um irmanzinho nom vai ter?
ResponderEliminarPois anda con coidado, que sin eso non se poden facer mais nenos, se chegado o caso se emancipa o leiño, je je.
ResponderEliminarO que me pasou foi hai ben anos e non quedou secuelas e agora teño muitíiiiiisimo cuidadeo co estas andainas.
ResponderEliminarGustoume o sistema arxentino de axuda a nenos perdidos e de momento non pensamos nun irmanciño para o Leo ( anque tamén o Leo viu de sorpresa ).
Graciñas polos comentarios e os piropos para o Leíño.
Que riquinho o Leo, parece Ruíz Gallardón de pequeno, facendo tobos.
ResponderEliminar