Páxinas

venres, 31 de agosto de 2007

Carretilleiro

Non é un espantallo nin é unha caricatura; é o paideleo ou acedre conducindo unha carretilla ilegalmente. A foto foi tirada hai uns meses. Agora estou noutra empresa e hoxe conseguín a autorización para manexar carretillas elevadoras. Dentro duns días cambia de empresa un compañeiro con falar teísta do concello de Tui e que me ensinou unha palabra nova. Callamba: moza alegre. Así que xa sabes: se me ves por diante, millor aparta.

16 comentarios:

  1. Noraboa! Agora xa podes ir ao centro a facer sitio para aparcar.

    ResponderEliminar
  2. Cala que hai un camioneiro que colle a carretilla, sae da fábrica, cruza a estrada e aparca no bar enfrente da porta. Precisamente ese camioneiro anda coa callamba.

    ResponderEliminar
  3. Eu tería coidado mirandote diante como detrás. Agora ben, o psicótecnico debería ser profundo e público,non se pode por en perigro a integridade dos peatóns deste xeito :-)

    ResponderEliminar
  4. Encántame ese tipo de carretillos. O meu soño secreto é conducir algún día un aínda que só sexa por un momentiño.

    ResponderEliminar
  5. Onde se pide o carnet de carretilleiro? Eu son mais de carroceta. Entra todo, estrume, leña, sacos de uvas, o porco....
    Estarei atento.

    ResponderEliminar
  6. Pois eu, de entrada, a foto víalle connotacións bélicas: Maniobras militares ou algo asi.

    ResponderEliminar
  7. precausión amigo conductoooor.... haberá que andar con ollo, logo, :D

    ResponderEliminar
  8. Tes un aire a gherra das ghalaxias

    ResponderEliminar
  9. Decoñecía a palabra callamba. Estou de acordo en que case parece unha escea de combate. A veces o traballo convértese nunha guerra.
    Hai que levalo con máis calma.

    ResponderEliminar
  10. mr tichborne: eu aviso ata no xaque á dama.
    dorvisou: non houbo sicotécnico e o teórico foi a triple banda.
    peke: cando queiras pasa por aquí e pegas unha volta. E dígoo en serio.
    mueja: os que alugan carretillas dán cursos. Mira ti, eu nunca conducín un tractor nin chimpín.
    o raposo: o traballo ese con granito require de elementos que poderían valer para unha guerra.
    moucho: e ti non terás problemas de ollos, non ho.
    pau: máis ben a guerra das canteiras. Ese casco, bueno, máis ben as orelleiras; salváronme de perder unha orella nun accidente que tiven.
    busto.agolada: eu aprendín esa palabra hai dúas semanas. Usar casco con orelleiras, uniforme, botas con punta de ferro, unha panca e muita forza bruta no traballo é bastante semellante ó choio de soldado. Cunha diferenza: os que traballan fan algo e os soldados desfán.

    Graciñas a todos polos comentarios que me fixeron pensar no muito que pode dicir unha foto.

    ResponderEliminar
  11. Pois lévalle razón o raposo,si que ten pinta de peli de guerra.Por certo, quédome coa palabra,"CALLAMBA".Bicos.

    ResponderEliminar
  12. Aquí chamamoslñle Toriño o carretillo ese. anda con vista que os carga o demo, je je.

    ResponderEliminar
  13. A lo menos, todo legal!!!
    Da gusto traballar ben! Bicos. Crispress.

    ResponderEliminar
  14. Eu xuraría que lin que o paideleo conducía a carretilla "ilegalmente". E o encargado non che tira das orellas? Ao mellor a quen lle hai que tirar das orellas é ao encargado. Ben, igualmente mola, algúns chimpíns de obra aínda collen boas velocidades e ata derrapan.

    ResponderEliminar

És humano ti ?