Páxinas

martes, 25 de setembro de 2007

Terceiro día de vendima

Onte foi o terceiro día de vendima para min e desta volta tocou o turno dos híbados que son uvas híbridas. Estas uvas resisten ben as pestes e os problemas climáticos e dan un viño dóce que non está mal de todo. Se comes a uva tés que botar a casca fóra que é mui dura. Este ano houbo menos que o ano pasado e así puidemos vendimar nun día San Benito, Correlos, Reghengo, Louriña, Suborribas, Martín Tomé, Purghadas, As Laxiñas, A Ínsua, Tumbalobos e o alto da Refontán.

Agora só queda a Treixadura ( que pon a barrigha dura ) e sae na foto de embaixo.
E como non todo vai ser vendima tamén cruzamos a ponte Manuel Fraga sobre o Miño e fomos a Melgaço, a uns catro quilómetros de Arbo. Demos unha voltiña pola vila ben cuidada de casiñas de pedra rodeadas pola muralla da foto de arriba e con vistas do val do Miño.
Desfrutamos dunhas cervexas baratas, das vistas e da diferenza dunha hora pegadiños á muralla.


11 comentarios:

  1. como lle dades! ánimo!

    ResponderEliminar
  2. Menudo ritmo que levades, que mareo...

    ResponderEliminar
  3. Pois si que levas vendimado arreo. Mais é bo remedio curarse con cervexas en Melgaço. É unha vila que teño ganas de coñecer. Non sabía que tivese murallas.
    Un saúdo afectuoso

    ResponderEliminar
  4. manuel fraga sempre unindo impossibles!!, que bonito saber que da uva sairá o vinho e por tanto das túas mans borracheras e borracheras...jajaja!!

    ResponderEliminar
  5. Hai unha ponte Manuel Fraga?????(!!!!). Eu poríalle o nome a un barranco ou algo así, que lle pega máis.

    ResponderEliminar
  6. Pois si que vos movedes, si. E ao Leíño como lle vai? Mañá está de aniversario, o primeiro. Xa nos contarás. ;)

    ResponderEliminar
  7. Como todos os recolledores de uvas deste país teñan as mesmas inquietudes que ti, ímos aviados...menos mal que este ano hai poucas uvas, verdade?
    A ti non che chega con bebelo viño, tes a necesidade de coñecer e participar no proceso para fundirte coa terra e sentirte "inteiro"
    Saúde e bons caldos, que tamén haberá quen disfrute deles, cos ollos pechados. hai xente para todo :-)

    ResponderEliminar
  8. Moito vendimades. Xa vexo que col calma e parades para cervecear. É o bo de ter pouca colleita ou pouco capital

    ResponderEliminar
  9. Si, hai unha ponte chamada Manuel Fraga que ten poucos anos.
    O ritmo que levamos é o normal. Este ano hai poucas uvas e malas a metade así que hai que escoller.
    Para tomar unha cervexa unha tardiña sempre hai tempo.

    Graciñas polas vosas palabras e saúdos para todos.

    ResponderEliminar
  10. Coñezo esa zona. Preciosa pra descansar despois de unha boa vendimia. Saludos

    ResponderEliminar
  11. Melgazo est'a guai. N'os imos (ou iamos) bastante. 1 hora e inda alguns euros menos, hehe.
    E metes-me saudades da vendima!!! parecer'a-che bonito! :P
    [En efecto, nom 'e tanto, 'e o tempo normal, polo menos at'e onde eu sei ;)]

    ResponderEliminar

És humano ti ?