
Onte foi o terceiro día de vendima para min e desta volta tocou o turno dos híbados que son uvas híbridas. Estas uvas resisten ben as pestes e os problemas climáticos e dan un viño dóce que non está mal de todo. Se comes a uva tés que botar a casca fóra que é mui dura. Este ano houbo menos que o ano pasado e así puidemos vendimar nun día San Benito, Correlos, Reghengo, Louriña, Suborribas, Martín Tomé, Purghadas, As Laxiñas, A Ínsua, Tumbalobos e o alto da Refontán.
Agora só queda a Treixadura ( que pon a barrigha dura ) e sae na foto de embaixo.
E como non todo vai ser vendima tamén cruzamos a ponte Manuel Fraga sobre o Miño e fomos a Melgaço, a uns catro quilómetros de Arbo. Demos unha voltiña pola vila ben cuidada de casiñas de pedra rodeadas pola muralla da foto de arriba e con vistas do val do Miño.
Desfrutamos dunhas cervexas baratas, das vistas e da diferenza dunha hora pegadiños á muralla.
como lle dades! ánimo!
ResponderEliminarMenudo ritmo que levades, que mareo...
ResponderEliminarPois si que levas vendimado arreo. Mais é bo remedio curarse con cervexas en Melgaço. É unha vila que teño ganas de coñecer. Non sabía que tivese murallas.
ResponderEliminarUn saúdo afectuoso
manuel fraga sempre unindo impossibles!!, que bonito saber que da uva sairá o vinho e por tanto das túas mans borracheras e borracheras...jajaja!!
ResponderEliminarHai unha ponte Manuel Fraga?????(!!!!). Eu poríalle o nome a un barranco ou algo así, que lle pega máis.
ResponderEliminarPois si que vos movedes, si. E ao Leíño como lle vai? Mañá está de aniversario, o primeiro. Xa nos contarás. ;)
ResponderEliminarComo todos os recolledores de uvas deste país teñan as mesmas inquietudes que ti, ímos aviados...menos mal que este ano hai poucas uvas, verdade?
ResponderEliminarA ti non che chega con bebelo viño, tes a necesidade de coñecer e participar no proceso para fundirte coa terra e sentirte "inteiro"
Saúde e bons caldos, que tamén haberá quen disfrute deles, cos ollos pechados. hai xente para todo :-)
Moito vendimades. Xa vexo que col calma e parades para cervecear. É o bo de ter pouca colleita ou pouco capital
ResponderEliminarSi, hai unha ponte chamada Manuel Fraga que ten poucos anos.
ResponderEliminarO ritmo que levamos é o normal. Este ano hai poucas uvas e malas a metade así que hai que escoller.
Para tomar unha cervexa unha tardiña sempre hai tempo.
Graciñas polas vosas palabras e saúdos para todos.
Coñezo esa zona. Preciosa pra descansar despois de unha boa vendimia. Saludos
ResponderEliminarMelgazo est'a guai. N'os imos (ou iamos) bastante. 1 hora e inda alguns euros menos, hehe.
ResponderEliminarE metes-me saudades da vendima!!! parecer'a-che bonito! :P
[En efecto, nom 'e tanto, 'e o tempo normal, polo menos at'e onde eu sei ;)]