Páxinas

domingo, 30 de setembro de 2007

O tempo " dorme "



Onte sábado por fin rematamos a operación vendima 2007. Empezou mal o asunto cando na finca do Couto topamos a " pegada " dos cabalos do monte. Había bostas e comeran bastantes uvas. Outro problema que viamos era o tempo. O ceo estaba pechado de nubes e o avóM dixo algo que nunca oíra. Algo bonito e ata poético. Dixo que o tempo dormía. E mesmo parecía de tan negro pero tranquilo e silandeiro que estaba o ceo. E tivemos sorte que o tempo durmiu ata que rematamos a vendima coas últimas uvas de treixadura. No camiño para Vilaguindastre o tempo espertou... e de que maneira !.

10 comentarios:

  1. Despois de tanto tempo co tempo igual, xa iba sendo hora de que fixera algo, ainda que fose durmir. Saludos a todos e un tironciño na orella do Leiño.

    ResponderEliminar
  2. E como están eses cadrís despois da vendima?

    ResponderEliminar
  3. Gústame a foto a expresión do tempo dormido. E pregúntome cómo poderiamos facer para catar o viño novo pola Rede.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  4. Tremenda foto! a min tamén me gusta

    ResponderEliminar
  5. Operación vendima rematada!!! (a expresión o tempo durmido encantoume)

    ResponderEliminar
  6. En casa cuando el tiempo esta asi el gato duerme sin parar.

    ResponderEliminar
  7. Vexo que non fun o único. A min a foto tamén me pareceu impresionante.

    ResponderEliminar
  8. Fermosa imaxe é fermoso texto
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  9. Os cadrís non sufriron pero quedan as mans negras de vendimar. Uns días duchándose e lavándoas e acabará por saír.
    O tempo mudou pero en Arbo aguantou bastante. A mañá o día durmía co ceo fechado de nubes estáticas negras pero despois do mediodía cambiou e activouse. Misturáronse nubes negras con brancas, ceos azuis e lancetas de sol e bataghadas con vento.

    Graciñas polos comentarios. O Leo recibiu o turrón de orella e o viño virtual millor que nunca exista...como a realidade non che hai.

    ResponderEliminar
  10. Haberá que catar ese viño, logo!

    ResponderEliminar

És humano ti ?