Páxinas

luns, 22 de outubro de 2007

Ignorancia con cartos



Cos cartos pódense conseguir muitas cousas e poder pero a cultura non vén automáticamente cos cartos.

Un exemplo de marulán pode ser o dono desta casa de boa feitura e que valeu os seus cartiños que foi cagala cando puxo o escudo do revés...E aínda andará todo gabacho mostrando o escudo !.

34 comentarios:

  1. Que coña!

    ¿Déixasma reproducir no meu blog (mencionando a fonte, por suposto)?

    ResponderEliminar
  2. Boh, non está tan mal. O coitado púxoo así porque semellaba unha ventá con arco de medio punto, coma as da igrexa parroquial.
    Es un bo observador.

    ResponderEliminar
  3. É realmente unha cantada. E por riba todo o cableado eléctrico e telefónico, caixa incluída, facéndolle competencia ao escudo.

    ResponderEliminar
  4. Na minha terra há um ditado que diz. Quem te manda a ti sapateiro tocar rabecão. Nesse caso parece-me que deram um rabecão ao sapateiro.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  5. puffff....
    moi señorial, si, si...

    ResponderEliminar
  6. Jajajaaja... paleto que é o personal! Igual é unha manifestación contra a burguesía...jajajaja!

    ResponderEliminar
  7. Ou igual o puxeron inclinándose dende o tellado en lugar de facelo cunha escaleira e por iso o vían ben...

    ResponderEliminar
  8. poucas cousas mais ridículas e tristes que alguén que quere ser máis do que é.

    ResponderEliminar
  9. Pobriño, un empanado da vida. Isto me recorda a Bush, cando visitou unha escola de primaria e, ensinuolle a unha rapariga un conto do reves...
    kiños

    ResponderEliminar
  10. Digo eu...¿e se o home se trabucou o poñer o tellado?

    ResponderEliminar
  11. Parece un pouco incríble, pero bueno... o dito: patético.

    ResponderEliminar
  12. eu non me reiría da ignorancia da xente, ja,ja, era broma!(ou non)¿Estás seguro de que é rico? se cadra o pobre do home puxo unha pedra máis na casa, sen saber o valor que ten, porque si chegara a saber que era un escudo non o poría nun lugar tan raro... ¿non? o se cadra o pobre do que puxo as pedras non entendía nada...

    ResponderEliminar
  13. Segun abueloToño, se o escudo está en Galicia, pensa que pode ser de Castro, Feijoo e Pereira, ¿Alguén da máis?

    ResponderEliminar
  14. Meu pai quere saber onde quitaches a foto.

    ResponderEliminar
  15. Dame a min que perdeu de ver o capitulo de barrio sesamo no que ensinaban...arriba e abaixo...por que...a cagada vese de lonxe :P paifocos

    ResponderEliminar
  16. Pobre ignorante. Que saiba que vou comezar unha pequena serie titulada "contos para Leo" para o mais peque de nos.

    ResponderEliminar
  17. está claro que onde non hai non se pode sacar!

    ResponderEliminar
  18. Estará todo farruco, ¡xa cheguei a ter un escudo! eo demáis soio teñen envexa pura e dura. Isto sucede cos novos millonarios que nadan na incultura.Como ti ben dis os cartos non traen a cultura.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  19. Ay!! Desculpa, un intre e un rato. E que ando nas berzas

    ResponderEliminar
  20. Primero;el escudo puede ser que no sea autentico.
    viendolo del derecho;Trae como armas;1ºen campo de plata una cruz floreteada de gules;medio cortado, en campo de plata, seis roeles de azur;y 2ºen campo de gules,una espada de plata ,punta hacia arriba,acompañada de seis bezantes de oro,tres a cada lado

    ResponderEliminar
  21. A ignorancia non foxe cando chegan os cartos.

    bicos

    ResponderEliminar
  22. GULES=ROJO
    AZUR =AZUL
    ROELES;PIEZA REDONDA QUE SIEMPRE ES DE COLOR
    BEZANTES;PIEZA REDONDA Y LLANA QUE SOLAMENTE PUEDE SER DE METAL

    Un saludo Antonio

    ResponderEliminar
  23. Seguro que por riba puxo vigas de carballo que semellan antigas pero van tan ben ca pedra!!!!
    Seguro que o canteiro non á galego.
    saúdos e gracia s pola visita.

    ResponderEliminar
  24. Aunque muy pocos lo hacen ,los colores en la piedra,se representan con signos.
    Azur o Azul=lineas orizontales
    Rojo o Gules= linias verticales
    Oro=Puntos sembrados en el escudo
    Plata=Liso

    ResponderEliminar
  25. Os cartos só son iso, cartos cos que podes comprar só cousas materiais.
    A riqueza inmaterial non está á venda porque non ten prezo.

    ResponderEliminar
  26. En Redondela, os que tradicionalmente tiñan cartos eran os mariñeiros e as peixeiras. De Cesantes a maioría. Por esa razón, foron os primeiros en montar cuartos de baño nas súas casas, pero ¿cal non sería a sorpresa de algún cando descubriu que usaban a bañeira para deitar as galiñas!

    ResponderEliminar
  27. Moi bo o detalle... menudo marulán o que puxo o escudo así.
    Saúdos!

    ResponderEliminar
  28. E que algúns pensan que tendo cartos xa está todo feito, i os cartos so serven para mercar cousas pero cousas materiais, a cultura, a amizade, o amor, bon todo iso que é abstracto, pois non se pode mercar, cousa da que eu personalmente me alegro moito.
    saúdos.

    ResponderEliminar
  29. En Betanzos houbo un que criou un porco na bañeira como conta o Míguez, e as galiñas no patio de luces... seguro que poñería tamén un blasón así porque no cortello de canteiría puxo unha porta de chapa metálica!

    ResponderEliminar
  30. Non sei se é mito -ten pinta-, pero por Cambados houbo un ó que prendeu a Garda civil por roubar un escudo ¡na praza de Fefiñáns! A excusa do tipo foi que ó pasar por baixo petou co tractor no arco no que estaba o escudo e caeulle no remolque, pero non se enterou(sería xordo e tería o cú insensible). Así que cando chegou á casa que estaba facendo, viuno, gustoulle, e púxoo.

    ResponderEliminar
  31. Seguindo o que di o viciño betanceiro: No Birloque, na Coruña, houbo tamén un burro criado nunha bañeira...

    ResponderEliminar

És humano ti ?