Páxinas

domingo, 21 de outubro de 2007

Casa da auga de Vide

Onte fixo calor e houbo xente que foi á praia. Non estaba " abarrotada " como dicía o FarodeVigo pero algunha xente si que había...e bañándose e todo.
E hoxe puiden visitar a Casa da Auga en Vide, As Neves. É un museu instalado na casa rectoral onde hai paneis con fotos e obxectos que explican a relación que teñen na zona coa auga. Falan tanto do regadío coma de muiños pero o que máis tratan é sobre a pesca da lamprea dende os pescos construidos para ese propósito.
Na foto de abaixo vese xente con corozas pescando meixóns. Non puiden evitar facer a foto desta imaxe que semella un retrato de aborixens norteamericanos e non xente veciña de hai menos de cen anos.


9 comentarios:

  1. Hai moitas cousas na Galiza, que parece que o tempo nas gastou. Por certo, aquí o meixons pescanse denoite.

    ResponderEliminar
  2. Pero esa foto é actual?

    ResponderEliminar
  3. eran os mellores impermeables da época! non entraba nin unha gota! pero agora non me dá saído a palabra que usa meu pai para nombralos...

    ResponderEliminar
  4. e esa foto é de hoxe, de hai poucos anos?

    ResponderEliminar
  5. Interesantes as dúas imaxes: o museo e a coroza. Cada vez coñezo mellor o sur da provincia. Saúdos

    ResponderEliminar
  6. Que alucinante a fotografía! Por certo que son os meixóns?

    ResponderEliminar
  7. A foto non é actual, creo que é dos anos corenta e eses homes estaban pescando meixóns que son as crías das anguías.
    A coroza era bastante usada pola zona do río Miño e estaba feita de colmo ou palla de centeo e parece que era bastante impermeable.

    Graciñas polo interés e os comentarios.

    ResponderEliminar
  8. Parece que pasaron moitos anos vendo esa foto... pero non son tantos !canto cambiou isto.

    ResponderEliminar
  9. moitas veces, o noso fala do alleo, e o alleo do noso.

    ResponderEliminar

És humano ti ?