
Nos paseos polo centro de Vilaguindastre ( que agora semella a rúa do Príncipe de Vigo cun violinista e todo o outro día ) paso por diante desta tenda antiga que apenas ten clientes. O dono está casado cunha cornuallesa. No escaparate hai unha colección de licores con carteis de hai vinte e trinta anos. Dáme mágoa non coñecer máis desa familia que pode dar para máis dun conto.
Entra e pregunta.
ResponderEliminarIso, entra e pregunta. Non te cortes, sobre todo se levas contigo a Leo.
ResponderEliminarEsas tendas de todo,papel hixiénico e licores.
ResponderEliminarpregunte que eu son moi curiosa.
saúdos,
Pois merca algo e despois pregunta, que de blogheiro a xornalista hai un na!!
ResponderEliminarPois vaia, que rabia que teña pouca clienteira... pode ser interesante. kiños
ResponderEliminaras tendas así xa non abondan hoxe en día. Se queres saber, pregunta.
ResponderEliminarDame a impresión que vas acabar por entrar e así poderas contarnos a nos ea Leo, fermosas lendas.
ResponderEliminarQuedamos a espera.
Unha aperta
Parece uma daquelas lojas que havia antes de aparecerem os grandes hipermercados. Que vendiam tudo. Desde a fralda ao detergente prá máquina,ou do bacalhau ás sasichas, tudo se encontrava nessas pequenas lojas. A maior parte deles, tinham um livro - o rol - onde assentavam durante a semana o que o freguês levava, e este ia depois no sábado pagar a despesa da semana.
ResponderEliminarUm abraço e bom fim de semana
Tes que entrar e preguntar, porque agora quedamos coa intriga e coa fame de historias insólitos ou non, pero seguro que interesantes.
ResponderEliminarsaudiños.
Pois entra e pregunta se che venden unha botella desas da colección.
ResponderEliminarDiranche que non, pero xa tes un fio para principiar a conversa.
E despois cóntalo aqui.
xa poucas tendas de isas quedan. Esas que antaño eran o centro de reunion da vila, dende fruteria a bar, dende lexivia a fariña
ResponderEliminarSemella que aí hai material para un conto corto ao mellor estilo da tradición galega.... a que agardas para documentarte e escribilo?, ;)
ResponderEliminarpois vas a ter que entrar por reclamo popular...
ResponderEliminarAs grandes superficies rematan con estas pequenas tendas, é o que ten a globalización, non?
ResponderEliminarnon che fai falta coñecer... imaxina, constrúe, invéntalles un mundo, seguro que agradecen vivir máis vidas, as súas e as soñadas, e senón é o caso, mentres fabulas es ti quen tes a posibilidade de respirar un tempo diferente.
ResponderEliminarsinto especial fascinación polas tendas que sobreviven, valentes e heroicas, ao modernismo. Gustanme aquí algunhas farmacias, bares e almacéns de ultramarinos que se atopan ainda. É como dis, de seguro cada unha delas gardan historias fascinantes...
ResponderEliminar