
Xa me daba na espiña que detrás desta estatua en Melgaço tiña que haber unha historia e descubrina case de casualidade: a lenda de Inés Negra.
Tamén gracias á interrede rin co conto do chinés de Nova York que falaba galego; o Leíño desfrutou cun conto escrito por unha fada branca e adicado a el especialmente e tamén o Leo demostrou unhas dotes para a música das que carece o pai e tamborilou cun dediño unha versión fermosa de " Os animais de dous en dous...uah, uah ".
E logo hai xente que me pregunta que lle topo á interrede.
Curioso o post e curiosa a lenda. Grazas por compartir o que descobres.
ResponderEliminarOs que non atopan interese na interrede sucédelles coma á raposa coas uvas. Non as dan procurado e logo din que non están maduras. ¡Coa inxente cantidade de atractivos e intereses que se descobren! Bo proba é esta túa aportación de hoxe.
ResponderEliminarApertas.
Pois eu debo de ser parvo, porque non me entero de nada, non dou avanzado nin un centímetro. Un día vou ter que poñerme o día.
ResponderEliminarVerdade amigo. Aprende-se um mundo de coisas na internet. Estamos todos os dias a aprender coisas novas.
ResponderEliminarUm abraço, boa semana
Tampouco eu coñecía esta historia. E tantas haberá que non coñecerei!
ResponderEliminarGrazas pola historia.
ResponderEliminarSempre aprendemos algo novo á súa beira, maese Acedre.
ResponderEliminarFermoso conto en interesante paxina a de contos da terra
ResponderEliminarAi Paideleo, o que ti non contes!!! Que gracia o do chinés, escachei de risa!!!
ResponderEliminarE moi interesante a historia de Inés Negra, non a coñecía para nada, ne tampouco a estatua, que é ben chula tamén.
Bicos para os tres.
Ben traido, ben documentado e ben defendido.
ResponderEliminarParabéns