Páxinas

luns, 26 de novembro de 2007

As crónicas de Gáidil



 
Este ano as pupieiriñas estiveron lixeiras e o Leo máis eu recibimos dous agasallos dos que deixan pegada. Un era un fermoso libro de Kalandraka coa historia dun osiño que vai para cama despois de cear e bañarse. E o outro é o libro de rol " As crónicas de Gáidil ". Co que non contaba eu é que na páxina 61 aparecen Acedre e o seu fillo " O León " como habitantes de Grania. Este detalle produciume un arrepío e fíxome soltar algunha bagulla de ledicia: non tódolos días un pasa a ser inmortal ó convertirse en personaxe dunha obra escrita !.


Muitas gracias Breogán e Jan: sabedes chegar ó corazón.

11 comentarios:

  1. Ora o pequerucho deve ter ficado todo contente com o facto do menino do livro ter o mesmo nome que ele. Lembro quando o meu filhote era pequeno a história que mais gostava de ouvir era o Pedro e o lobo porque ele se chamava Pedro.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  2. léalle moito moito ó Leo. Os libros de Kalandraka son impagables, por certo.


    Un biquiño :)

    ResponderEliminar
  3. Esta moi ben que o Leo se enganche na lectura de pequeno. (tamén se vaia cedo para a cama, co tempo xa perderá o costume)

    parabéns, eu tamén quero ser inmortal dalgún xeito pero no sei como.

    ResponderEliminar
  4. Parabéns, logo. Menuda ilusión, xa non para o pai, senón para o cativo. É unha boa forma de introducir á lectura a un neno, sendo un participante da historia.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. Carai, non vira o post das pupieiriñas. Estes días estaba preparando eu un post sobre elas para poñer no Nadal. Precisamente a foto que tiña era a mesma que puxeches tí o ano pasado.
    Xa non o vou facer. Pode que poña algún comentario e un link ao teu post, está xenial.
    Un saudiño.

    ResponderEliminar
  6. que bo!! haha
    parabéns, viaxeiro XD

    ResponderEliminar
  7. Señor Acedre, cuide do León, e do seu castro. Parabéns pola inmortalidade.

    ResponderEliminar
  8. Non era para menos, señor de Grania. Todo o apoio que deu o blogomillo non o podiamos devolver doutro xeito que en pequenas homenaxes. Agardo sexan do agrado de todos.

    ResponderEliminar
  9. Que ilusión, non?

    ResponderEliminar
  10. Noraboa. Coma boa amiga estou encantada de que pases a posteridade literaria :-)

    ResponderEliminar
  11. Entendoche ben, ter un lugar nun mundo único!
    O meu fillo e moi afecionado aos xogos de rol, ainda que agora non ten tempo.
    Mesmo escribiu tamén un libro para os seus colegas, e nesas partidas él era o master, claro.
    Pasou anos coa imaxinación e a estratexia dos rol... ai, pero ven o mundo e sentaseche enriba!

    ;)

    ResponderEliminar

És humano ti ?