O conto das Pupieiriñas

Din que os galegos non temos personaxe nadaleira típica. Din que o Papa Noel non é noso, nin os Reis Magos; din que tampouco temos un Olentzero basco, un Vello Inverno ruso ou unha Befana italiana. Iso din. Pero eses que din iso non saben que temos as Pupieiriñas que saen no debuxo feito case por miragre xa que son practicamente invisibles polo diminutas que son. As Pupieiriñas aliméntanse de pupias ( miolo de pan ) e viven no bosque pertiño de fontes e lagoíñas. Son rápidas e silandeiras. Hai veces que sentes un asubío e unha sensación de ser visto cando elas andan ben perto. O seu traballo é adiviñar os desexos de naipelos e nenos que aínda non falan e non poden pedir agasallos polo Nadal. Logo que o saben van lixeiras contarllo ó ser que leva os presentes en cada lugar do mundo.
Así que xa sabes: a fama lévana outros e o traballo está feito por unhas galeguiñas espilidas.
Que a túa Pupieiriña atine co teu agasallo e axude a que teñas unhas boas festas.
Labels: contos, personaxes


21 Comments:
Tes que perdoarme, pero roubeiche este post pro meu blogo de lendas...
http://www.blogoteca.com/lendas/
Bonita historia...
Nom conhecia! Que bonito!
Eu xa sabía que deixar de estar nos E.U.A. non era razón `para que deixaras de descubrirnos cousas, marabillosas coma esta as mais das veces.
Unha aperta para ti e os teus.
Alto aí todos !!. Sinto dicir que non é unha lenda tradicional o que escribín senón un exercicio literario meu. A verdade é que sería bonito que houbese Pupieiriñas no folklore galego. Quizais se facemos como que existen de verdade...
bueno, agora xa o sei, senón igual metía tamén a gamba, :D
Boas festas amigo...e o que temos os galegos..españados polo mundo para que outros leven o probeito do noso chollo...seguro que baltasar tiña apelido galego :) Grazas por pasar por o meu blog
Boas festas compañeiro...coas dosis xustas de todo...boa historia si señor
belísima lenda que lle hei de contar á miña. e por agora, reciba os meus desexos de felicidade xunto a ese neno e o resto dos seus
E que a túa tamén acerte contigo e os teus.
Moitas gracias polos teus desexos. Agardo que ti tamén pases unhas boas festas, que seguro que son das máis especiais da túa vida por ser as primeiras xunto a Leo.
Os meus mellores desexos para o vindeiro ano e oxalá sigas agasallándonos cos teus fermosos relatos.
Biquiños
(Supoñía que era a historia era inventada)
Deberías pensar en serio en publicar as historias en papel... Podo imaxinar unha saga de historias sobre os marabillosos seres que habitan as nosas fragas...
Moi fermosa a historia.
Veña, pasade boa noite e portádevos con corrección, que este ano tedes un convidado novo e especial!
Un saúdo.
Bo nadal!! Para ti, para Ana e o naipelo xD Que risa co da lenda, alto aí!! A ver agora quen atopa a intrusa no blogo de lendas de manuel rivas. Acedre, tes que ser consciente da credibilidade que che outorgan os membros do blogomillo, non che é unha carallada!! Jeje... Felices festas de novo e a ver se hoxe Papá Noel se porta ben que como teñamos que agardar polas Pupieiriñas imos bós!!
Que bonita lenda... encantoume... que pasen Leo e os seus unha bonita noiteboa...
Pois o que têem as lendas é que, uma vez liberadas da nossa imaginação, têem vida própria e a gente começa crer nelas. Sabe-se lá se dentro duns anos a gente não contará das Pupieirinhas aos filhos!
Bom Natal e um ano novo estupendo para ti e os teus.
Non nos pode facer crer e descrer asi coma así. Paideleo, ten que asumir a súa responsabilidade á hora de crear para nós un imaxinario colectivo ou teremos que acabar interpoñendo unha demanda contra vostede por destrutor, previa creación (sen dúbida a xuíza atopará nisto un atenuante), de soños fermosos.
Boas Festas para toda a familia.
Apreçado paideleo.
Sou a rifenha de Vimianço do escunchador.blogaliza.org e o casais pequeno do escunchador.blogspot.com.
Como a minha cabecinha leva perto de trinta anos trabalhando com meninhos,e jà nunca foi muito organiçada, anda algo estragada e esquecí minha senha do escunchador.blogaliza.org no Rif, e nom posso entrar poara responder ao teu garimoso comentário que me chegou por correio.
Desde aquí quero dar-che as graças, os parabéns polo teu blogue, cada dia mais fermoso e mágico, biquinhos para o Leo e apertas e bom natal para todos. A ver se consigo me mover sem me apegar na aranheira e posso volver ao escunchador para seguir escunchando minhas espigas de colores desde Vimianço.
Pois, pola miña parte, xa a estou incorporando o meu imaxinario, e, a partires de hoxe, @s meus sobriñ@s esperarán o nadal pensando nas Pupieriñas!!!
Grazas e feliz aninovo!
Encantoume, das máis bonitas que inventache. Segue please!
情趣用品,情趣用品,情趣用品,情趣用品,情趣用品,情趣用品,情趣,情趣,情趣,情趣,情趣,情趣,情趣用品,情趣用品,情趣,情趣,A片,A片,情色,A片,A片,情色,A片,A片,情趣用品,A片,情趣用品,A片,情趣用品,a片,情趣用品
A片,A片,AV女優,色情,成人,做愛,情色,AIO,視訊聊天室,SEX,聊天室,自拍,AV,情色,成人,情色,aio,sex,成人,情色
免費A片,美女視訊,情色交友,免費AV,色情網站,辣妹視訊,美女交友,色情影片,成人影片,成人網站,H漫,18成人,成人圖片,成人漫畫,情色網,日本A片,免費A片下載,性愛
情色文學,色情A片,A片下載,色情遊戲,色情影片,色情聊天室,情色電影,免費視訊,免費視訊聊天,免費視訊聊天室,一葉情貼圖片區,情色視訊,免費成人影片,視訊交友,視訊聊天,言情小說,愛情小說,AV片,A漫,AVDVD,情色論壇,視訊美女,AV成人網,成人交友,成人電影,成人貼圖,成人小說,成人文章,成人圖片區,成人遊戲,愛情公寓,情色貼圖,色情小說,情色小說,成人論壇
免費A片,AV女優,美女視訊,情色交友,色情網站,免費AV,辣妹視訊,美女交友,色情影片,成人網站,H漫,18成人,成人圖片,成人漫畫,成人影片,情色網
A片,A片,A片下載,做愛,成人電影,.18成人,日本A片,情色小說,情色電影,成人影城,自拍,情色論壇,成人論壇,情色貼圖,情色,免費A片,成人,成人網站,成人圖片,AV女優,成人光碟,色情,色情影片,免費A片下載,SEX,AV,色情網站,本土自拍,性愛,成人影片,情色文學,成人文章,成人圖片區,成人貼圖
Post a Comment
<< Home