Páxinas

martes, 6 de novembro de 2007

San Cucao



Sempre aparecen misterios que non son doados de aclarar como esta escaleira nun penedo de Arbo que non se sabe de onde vén e a onde vai.

Outros misterios teñen explicación. Só hai que buscarlla. Como o misterio dos camións asturianos de San Cucao. Eu pensaba: San Cucao, San Cucao, quen é San Cucao ?. Pois parei a averigualo e souben que era san Cucufate pero en asturianu. En catalán ten un nome bastante coñecido: san Cugat. Pero en galego ten un nome que nin soa a galego: Covade ou Cobad. E non estou inventando nada que sae na wikipedia. O que pasou ese home foi muitas torturas pero saía ben delas e ó final tiveron que cortarlle o gañote. Este santo é bo para topar cousas perdidas.

8 comentarios:

  1. Xa teño preparado o do oito, publicarase o 12 de novembro que é o meu 58 aniversario
    A.Cris

    ResponderEliminar
  2. San Cucao é un lugar, hoxe polígono industrial, en Llanera, moi preto de Oviedo (en asturián, Uviéu), onde vivía eu. O de Covade na vida o oín.
    Como curiosidade, no Conceyu de Llanera hai un Lugo e un Coruño (en masculino).
    O das 8 xa está respondido.

    ResponderEliminar
  3. Santos, beatos, o Santo pai co seu exercito subvencionado de cardenais, bispos, curas con remedios para atopar todo tipo de cousas desde a felicidade, saude diñeiro pero a humanidade segue o mesmo.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  4. Pero iso pásalle a todas as escaleiras do mundo, perfectas metáforas da inutilidade. Ou do misterio. Ou da aventura. Un saúdo dende a mañá soleada.

    ResponderEliminar
  5. é incrible, pensar o porqué desa escaleira que leva a ningures. Moi curioso

    ResponderEliminar
  6. San Cucufate o San Cucufato que también así lo he oído, no es ese santo al que se le atan los cojones? (metafóricamente haciéndo un nudo en un pañuelo). "San Cucufato, San Cucufato, o me aparece o no te los desato", nudo al pañuelo y a esperar que a San Cucufato se le hinchen los güevos. O nome en galego non o sentin nunca... pero bueh, de santos tampouco che entendo moito...

    ResponderEliminar
  7. Eu paso o día a perder cousas... pero dubido que a estas alturas me axude ningún santo :D.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  8. Jeje, está moi ben a historia do santo.Ás veces non está demais recurrir a forza para que fagan milagres...
    Eu vou probar co chantaxe emocional :-)

    ResponderEliminar

És humano ti ?