Páxinas

domingo, 27 de xaneiro de 2008

Dezaséis meses


O naipelo chega hoxe aos dezaséis meses feito este mozote da foto. Muito cambiou dende esta outra foto feita no mesmo lugar... Agora é dono de oito dentes e unha moa e algún flemón enorme. Camiña mui ben e bota algunha carreiriña. Encántanlle as escaleiras e hoxe subiu os seis pisos do edificio coma un machote mentres o pai se cansaba e o Colín botaba a lingua de fóra que derreaba o pobre do can. Para baixar xa é máis difícil e hoxe levou un tombo e fastidiou un pouco un beizo. O de falar aínda non se dá soltado en case nada intelixible anque pasa muito tempo falando extraterrestre.
E así vai o Leíño.

17 comentarios:

  1. Que bonito se ve!
    O meu sobriño falaba extraterrestre tamén ata hai uns meses (xa case ten 2 anos). Pregúntome se sería o mesmo extraterrestre e os dous poderían entenderse.
    Que siga todo ben

    ResponderEliminar
  2. Este rapaz si que é unha regalía.Apertas

    ResponderEliminar
  3. Que lindo está seu filho, amigo. E tem um olhar tão feliz que dá regalo olhar. Parabéns para si e sua esposa.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  4. Deus está feito un rapazolo, mimadriña como pasa o tempo, :S

    ResponderEliminar
  5. Parabens ao Leo e aos proxenitores por esa delicia de pequecho que trouxeron a este recuncho da galaxia. Da gusto miralo!

    ResponderEliminar
  6. Ese neno cada día está máis juapo, nunha destas téñome que poñer coa fábrica de nenos, ben de nenas, e se iso presentámolos que igual ata se gustan e todo.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  7. Xa non ten lorzas e o seu sorriso parece máis luminoso.

    ResponderEliminar
  8. Está hermosos, en la foto mas antigua estaba mas rechoncho.
    Te veo un papá muy babosiño, es el primeiro o tens mais?
    Eh, que babosiños estaremos sempre, con o primeiro o con o ultimo,jejej

    biquiños

    ResponderEliminar
  9. Xa non te fai falla o ximnasio pa poñerte en forma, ge, ge, ge...
    Ten os teus ollos, pero penso que o resto da cara e de Ana.

    Biquiños.

    ResponderEliminar
  10. Está feito un machote. Medra a ollo.

    ResponderEliminar
  11. Que bonitiño está o leo, ten un sorriso ben fermoso.

    Unha apertiña

    ResponderEliminar
  12. Boas!
    pois si que vai tempo que non vexo a Leo, que xa o vexo feito un grandullón.
    kiños

    ResponderEliminar
  13. Un pide, primeiro, que un neno agrome no ventre.

    Despois, que naza sano.

    Despois, que medre forte e que vaia desenrolando a súa innata intelixencia.

    Despois, que se convirta nun home xusto, honrado, bo. Que atope un/unha compañeiro/a de camiño que teña unha traxetoria vital semellante.

    Que unha semente agrome no ventre.

    ResponderEliminar
  14. Carai, como se parace o Leo foto ó ó seu papá.
    Polo menos nas fotos.

    ResponderEliminar
  15. Graciñas a todos de parte do Leíño.

    ResponderEliminar
  16. Vai ser bo mozo e políglota, mira que aprender primeiro o extraterrestre antes ca o galego!
    Apertas.

    ResponderEliminar

És humano ti ?