Páxinas

sábado, 26 de abril de 2008

O negociante



Esta casa de Vilaguindastre éche ben curiosa e non pola antea parabólica ou a videira de máis de seis metros de alto, non ho. Esta foto reflexa a parte posterior daquela tenda que retratei hai algún tempo. Seica o dono é un negociante que aforra en todo e traballa con ese camionciño que é unha reliquia. E aforrando e gañando e co que herdou pois hoxendía ten un bó anaco de Vilaguindastre.
Eu coñecinlle as dúas fillas e cunha coincidín no autobús que nos levaba ao CUVI. Un día falei co ela e díxome, co seu castelán con forte acento inglés, que eu tiña un cutis bonito.
Bueno, pasou o tempo e non sabía nada dela así que preguntei ao señor Google e díxome que hoxe exerce de profesora de economía. E supoño que será boa se sae ao pai porque como esteticista... como que non lle miraba eu muito futuro.

11 comentarios:

  1. Xa contarás quen é a individua.

    ResponderEliminar
  2. Gústanme as tendas porque os meus pais tamén teñen unha... Pero o que máis me gusta da foto e o pequeno camión, o símbolo dos tenderos e un pouco tamén da superación...
    Gracias pola benvida. Seguiremos falando en galego sempre. Sobre todo pola rede..

    ResponderEliminar
  3. Pois a min encántame a casiña! Ten un aquel de... de mentira.

    ResponderEliminar
  4. Pois há um ditado que diz: "Filho de peixe sabe nadar".
    Bom fim de semana
    Um abraço

    ResponderEliminar
  5. Ola, es o gañador de dous premios, pásate cando queiras a recollelos, polo meu blog, claro. unha aperta.

    ResponderEliminar
  6. Xa ves, pasa o tempo e suceden cousas ás veces inesperadas e sorprendentes e outras veces non tanto...

    Unha aperta.
    :)

    ResponderEliminar
  7. E logo seica consideras que tes o cutis volcánico ou?.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  8. É curioso as cousas que lembra un despois dun tempo...:-)

    ResponderEliminar
  9. Eu son dos que creo firmemente que Galiza non e tan pobre como moitos din, no noso rural moitos maiores teñen moito carto, o que pasa é que debaixo da almofada está mal invertido

    ResponderEliminar
  10. Mirando con atención parecenos unha cas fermosa.

    ResponderEliminar
  11. Dise que quen recolle,sembra...me lio,será mais ben, que cada un recolle o que sembra.E ese home soubo sementar!
    E como dixeron xa : de tal pau tal acha!

    Jejeje,hoxe estou moi "ditosa"

    Bicos

    ResponderEliminar

És humano ti ?