Páxinas

luns, 12 de maio de 2008

A caza do grilo


Nesta época empezan a cantar os grilos e aproveitei a circunstancia o outro día para cazar un grilo co curmán do Leo, que nunca cazara un. Fomos en silencio guiados polo cri-cri ata facer contacto visual. Cando se decatou da nosa presencia meteuse na toba que é o buraco na terra onde vive. Collín unha herbeira de avea e deixei o talo limpo. Metín a herbeira na toba e púxenme a fuchicar, a darlle voltas como se fixera cóxegas coa herbeira. De aí a pouco saiu o grilo como buscando quen o molestaba e foi o momento de collelo coa man. Metémolo nunha caixiña de cartón cun pouco de ensalada e máis tarde soltámolo.
Cando era eu pequeno tiñamos unha mitoloxía montada ao redor dos grilos. Diciamos que se tiñan dous rabos eran macho e se se levantaban as asas víase unha letra. Podía ser "P" de príncipe ou "R" de rei e cantaba millor o rei có príncipe. Tamén había grilos con tres rabos e diciamos que eran femias e chamabámoslles putas ( pero sen mala intención, era o nome sen máis ) e diciamos que comían os machos. E logo había outro animal que era máis grande có grilo e máis claro e que comía grilos e putas e chamábamoslle carniceiro. Se o topabamos xa o esmagabamos co pé.
Non sei que terán de verdade estas crenzas que tiñamos pero iso era o que pensabamos.

22 comentarios:

  1. Eu non lembro cal era cal polos rabichos, pero si lembro o dos reis, príncipes... o de putas non lembro pero si eran raiñas ou princesas, non sei. Ese carniceiro penso que vén sendo o "grillo-topo".
    Mimadriña, de cada vez que che leo estas cousas lémbrome de cando neno, de cousas case esquecidas :)
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. Cando eu era nena había unhas pequenas gaiolas onde se metían os grilos. Eu nunca cacei un, o meu era ir ao estanque da Alameda, en Compostela, e pillar cágados. Acabamos molladiños coma pitos.

    ResponderEliminar
  3. Cando era pequena gustábame cazar saltamontes. Metíaos nun bote e poñíalles follas.
    Cos amigos xogabamos a ver quen collía o máis grande, e se collías unha cigarra xa eras a hostia.

    Gustoume a foto, últimamente a mín tamén se me da por fotografiar bichiños, coa opción esa "macro" da cámara, quedan moi chulas as fotos e pódesenlle ver ata os olliños.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Eu tamén andaba a eles, aínda que non lle tiñamos tanta mitoloxía montada.

    ResponderEliminar
  5. Eu non cacei grilos, era mais de saltóns e bolboretas. Curiosa esa mitoloxía argallada en torno os grilos.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  6. Nos tamén facemos o mismo cos nenos,vamos bajando junto o muro, e cando vemos uno cazamolo!
    Mais non conociales tantos nomes...

    Bicos

    ResponderEliminar
  7. coincidencias, eu este domingo tamén andiven cos nenos a cazar grilos mais descoñecía a mitoloxía. tamén algún día teño cazado algún no mes de xullo para a pesca da troita.

    ResponderEliminar
  8. O canto dos grilos é moi fermoso, ademais, son uns bechos que non lle fan mal a ningúén, non sei como a xente os caza só por diversión. Unha aperta

    ResponderEliminar
  9. Eu como son urbanita e de pequeno tiña o "trauma" de non ter aldea cando leo estas cousas sempre penso "o que me perdín..."

    ResponderEliminar
  10. Eu de pequerrecha tamén ía tras deles... os escoitaba cantar e tiña curiosidade por saber como eran...

    Gustabame estar na finca da miña avoa e escoitalos cantar.

    ResponderEliminar
  11. Dixome Manolo -Busto- que tiñas dificultades co numero de conta:

    Toma nota:

    Banco Santander-
    0049 5918 64 2195227733
    De calquera xeito, poden buscalo polo titulo dac onta:
    ASOCIACION AMIGOS DOS PENDELLOS DE AGOLADA.
    Non ai outra.....
    e si non poden que me chamen polo telefono o Banco.
    Unha aperta
    Angel

    ResponderEliminar
  12. Pois si que teño cazado eu grilos de pequeno, metiaos nunha caixa e levaballe follas para comer, pero os dous días meu pai tirabaos a horta.
    A min ensinaronme que os de dous rabos eran os cantadores e os de tres chamabanlle matadores, e cada vez que colliamos un de tres matabamolo.
    Mira ti como varía a cousa de un lado a outro

    ResponderEliminar
  13. impressionante que sejan as mesmas que as minhas, variabam os nomes, pero tínhamos principes, reis e rainhas...muitos tenho cazado!

    ResponderEliminar
  14. que curioso, nunca oira cousas tales..
    :-)
    simplemente collíamolos e gardabamolos en caixas ou nas gaiolas esas das que fala Peke.
    Teño que decir que fai uns días empezou a cantar un grilo no patio de luces da miña casa, totalmente urbanícola, sin árbores, sin ramiñas nin terra nada máis que nas macetas..non sei de onde ven o canto..pero gústame que esté aí, síntome ben e casi en verán.
    ;-)
    un bico

    ResponderEliminar
  15. ah, e para comer dabámoslles unha herba, serradela chamabámola.

    ResponderEliminar
  16. Creo que son das poucas persoas que de neno non cazou grilos. Tesme que ensinar a técnica un día, ou mellor, ensínaslla ao meu fillo, que aínda está en idade.

    ResponderEliminar
  17. eu nunca fun coller grilos... :(

    ResponderEliminar
  18. vaia talento que tes, paideleo! armas unha historia que mesmo é tamén un breve ensaio antropolóxico. Quen nos dera a moitos a metade dese talento!!

    ResponderEliminar
  19. Nós xa temos cazamos uns cantos.
    Saudos

    ResponderEliminar
  20. ictioscopio: graciñas pola confirmación sobre os reis e príncipes, etc; que se non o dis ata parece que o invento eu.
    Tamén hai que agradecer a imaxe do carniceiro que tamén chamabamos ceboleiro.
    Outra cousa que non sabía era o da herba serradela.
    Aquí aprendemos todos.
    peke: pois aínda existen esas gaiolas se te refires a esas plásticas.
    A min os cágados non me atraían especialmente. Eran bonitos para mirar pero máis nada.
    mer: os saltóns tamén estaban ben para cazar.
    Graciñas polo da foto. Fíxenlla ao grilo na caixiña e quedoume ben.
    mario: como muita xente. De rapaces andabamos case todos.
    o raposo: cada quen ten un becho favorito para cazar ou depende da oportunidade. A min as bolboretas tampouco me atraían polo pó que soltan as asas.
    ana: está ben para pasar un rato e soltalos logo.
    manel vazquez: si, muita xente que pesca cólleos de cibo. Eu non pesco e nunca os usei de cibo.
    d'agolada: normalmente se cazaban para meter na gaiola como dicía peke e para cantar no cuarto. Non era unha cousa mui boa pero tampouco é unha crueldade.
    canceleiro: pois eu vivín de pequeno en Vigo pero sempre había un solar onde cazar grilos.
    enmeigada: son animais curiosos. A min atraíanme máis os vagalumes pero nunca collín un.
    O son dos grilos é o son propio dunha noite de verán como ten que ser.
    aopedofarelo:
    hoxe xa non houbo problemas e saldei a conta.
    pau: miras ?. Os de dous rabos son cantadores e os de tres matadores; dous detalles que coinciden co que dicía eu.
    txari: con que coincides ?. Supoño que habería unha crenza máis ou menos común e logo variacións con respecto á zona.
    aurora: os grilos aparecen nos lugares máis impensados e non me extraña que teñas por veciño a ese grilo.
    paidovento: a técnica non é nada complicada e eu levaba anos e anos sen facelo e saiu rápido. O que é unha sensación extraña son as cóxegas que fai o grilo na man.
    Cando coincidamos, se hai grilos, ensínolle aos rapaces a facelo.
    oko: nunca é tarde para empezar. O que non sei é se hai muitos grilos polas terras bascas. Sei que en Inglaterra están en perigo de extinción.

    Alédome de que haxan tantos comentarios e de que todos aprendamos destas lideiras para rapaces que quedan en marabillosas lembranzas.

    ResponderEliminar
  21. a mim a voa dizia-me que os grilos dam sorte porque as ánimas boas vam a eles e por isso nunca se podiam pisar nem por descuido. agora vivimos perto dum monte e, sem saber por onde entram, temos sempre algum pululando por casa e como nom? m&l, argentino dum piso once, e a nena sempre andam apartando os grilos dos lugares perigosos e quando pensam que já disfrutarom abondo colhem o recolhedor da vassoura e ponhenos na herba.

    ResponderEliminar

És humano ti ?