Páxinas

luns, 16 de xuño de 2008

Bern Chich



A figura da foto faime lembrar a Bern Chich. Bern Chich é un home elegante, de falar pausado e ollar clarísimo. Segue un horario espartano de madrugóns e unha dieta estricta. Percorre o seu territorio unha e outra vez e ata hai pouco facíao lendo noveliñas de vaqueiros e supoño que lle gustaría semellarse a un deles. Gustaríame darlle as terras do Baixo Lour cultivadas con uva e cenorias e abeiradas por un mar rico en mariscos e con rías estreitas que non asustasen a bandas de música que cruzan en barcaza. Gustaríame.

E de tal home non poderían saír malos fillos e tíoNan é un exemplo de xenerosidade, bó humor e sempre disposto a botar unha man. A raíña Kasege ten sorte e nós tamén.

Graciñas, tíoNan, por seres como és.

7 comentarios:

  1. TIO NAN COMO TI DIS E MUI ESPECIAL E NON SO PARA A FAMILIA SENON TAMEN PARA QUEN TEMOS A SORTE DE SER AMIGOS SEUS I SEMPRE ATOPA UN XEITO DE FACERTE RIR, AINDA QUE NON QUEIRAS. BIKOS TIO NAN

    ResponderEliminar
  2. Pois si que é curioso si. Un saúdo

    ResponderEliminar
  3. ¡Que fermoso post! Rezuma agarimo :-)
    Seguro que tedes sorte de ter preto ao tio Nan e a raíña, pero eles tamén seguro que teñen sorte de tervos a vós.

    Apertas para toda a familia :-)

    ResponderEliminar
  4. paideleo,non mo podo crer, bo o certo é que algo retorcido o relato si que esta. Se pasas polo meu blog poderás ver as respostas


    Tio nan parece un tio especial, tes sorte

    Un saudo A.Cris

    ResponderEliminar
  5. A verdade e que estou dacordo co de que o nome é ben curioso!

    ResponderEliminar

És humano ti ?