leoeosseus

xoves, 5 de abril de 2007

Felicitación para Kasege


Como pasa o tempo !. Hai un ano felicitaba á miña irmá no outro blogo que tiña nos EEUU. Falaba dela coma a raíña Kasege e que lle fixera un debuxo e todo co seu castelo e aquí o poño para que mires en que gastaba eu o tempo de rapaz. Neste ano que pasou houbo muitas novidades e o que lle debo á raíña Kasege non fixo máis que incrementarse pola cantidade de favores, axudas e apoio que recibimos dela e máis do meu cuñado. Así que no seu cumpreanos non podo facer máis que lembrar aquela felicitación do ano pasado e, de paso, desexar sorte ó meu cuñado na liguiña dos birlos que se disputa polo concello de Acedre.
Gustaríame ser rico para poderlles regalar un castelo coma o do debuxo.

Etiquetas: , ,

13 comentarios:

Ás 05/04/07, 23:37 , Anonymous Anónimo dixo...

Ola! un blog realmente interesante.Visitareiche con asiduidad.
Saúdos

Robert

 
Ás 05/04/07, 23:53 , Anonymous Anónimo dixo...

Non sabía que eras un bo dibuxante. Felicidades a túa irmán. Moi interseante ese xogo dos birlos; nono coñecía

 
Ás 05/04/07, 23:53 , Blogger mamiago dixo...

Bonito castillo.

 
Ás 05/04/07, 23:54 , Blogger mamiago dixo...

hola pepe penas

 
Ás 06/04/07, 11:36 , Blogger Paco Penas dixo...

Pero non dis que xa lle regalaches o debuxo...? ¿pensas ti que túa irmá sería moito máis feliz regalandolle un castelo de verdade?
¡Tes cada cousa!

 
Ás 06/04/07, 13:32 , Blogger cris dixo...

Xa vexo que isto de publicar as obras de arte de un tira! A creatividade está no sangue, que sei que non eres o único da family.

 
Ás 06/04/07, 16:54 , Blogger Peke dixo...

Precioso debuxo. Eras un artista. Segues debuxando?

 
Ás 06/04/07, 17:45 , Anonymous Anónimo dixo...

Bonito debuxo, si señor. Dende logo non se che pode negar que de rapaz eras traballador, que a este debuxo véselle as horas que pasache facéndoo. Eu, se fora a túa irmá, estaría encantada cun regalo tan bonito, e cun irmán que me fixo un presente tan especial.

 
Ás 06/04/07, 19:51 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Fermoso debuxo e fermosa intención.

 
Ás 07/04/07, 04:21 , Blogger moucho branco dixo...

home, os castelos son moi malos de amueblar... un debuxo sempre decora...

 
Ás 07/04/07, 19:31 , Blogger Torreira dixo...

Fermosos presentes que fas paideleo

 
Ás 07/04/07, 23:14 , Blogger paideleo dixo...

Graciñas polos piropos. Empecei a debuxar e deixeino antes de aprender.
Un saúdo a todos.

 
Ás 11/04/07, 01:06 , Blogger torredebabel dixo...

lembrome perfectamente daquel post! Parabens para a raiña, dende logo!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio