Páxinas

domingo, 29 de xuño de 2008

Polo san Pedro regha a medo



Sempre que vou a Arbo aprendo historias e palabras descoñecidas. Hoxe é san Pedro e saiu na conversa o dito " Polo san Pedro regha a medo " que significa que hai que regar con control. A bisavoa Celia empezou a falar das regas de hai máis de corenta anos. Empezaban o día de san Pedro. Existía o minuteiro, un home que levaba reloxio e controlaba os minutos de rega que lle tocaba a cada veciño. Cando chegaba o cambio de turno cun asubío pupaba e sabía o veciño que tiña que facer a tola, o desvío na levada de auga para que fose á súa veiga. E así día e noite para aproveitar o tempo e a auga. Os veciños xuntábanse a esperar e mentres falaban e contaban contos.

Bueno, historias doutros tempos.

9 comentarios:

  1. Isso nom serám pastéis dos Piruchos, ou?
    :P
    Tu tamém contas bonitos contos aqui, eh.

    ResponderEliminar
  2. O San Pedro grandes festas, vimos de rematalas...

    Unha aperta.
    :)

    ResponderEliminar
  3. Eche ben verdade, aquí ainda queda algun vello, que é o que sabe a quen lle toca cada día, cando falten pode ser un descontrol, o que pasa e que xa non rega casi nadie.
    Eses pasteis a esta horas, hum, que fame.

    ResponderEliminar
  4. Pois parabéns Pedro.
    E dito isto, teño un traballiño para ti e para o que sexa capaz de respostar, O NOSO MEME, pero non é un meme calqueira, é para procurar información para os nenos ESPECIAIS. Deixote o enlace:
    http://hablapormidiceiago.blogspot.com/2008/06/o-noso-meme.html
    Biquiños

    ResponderEliminar
  5. Xa sei, xa sei, pero como coñeces a moita xente mandeicho a ti, para que outros fagan o mesmo. Graciñas polo enlace.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  6. En moitos sitios existen as partidas ou partixas de auga, escritos nos que se reflexa as quendas de cada veciño marcando os días e as horas que lle toca a cada un.
    Eu conservo unha de principios do século pasado. A auga (que tanta importancia tivo para as leiras, lameiros e hortas fai 100 anos, e que se controlaba o minuto) agora corre e pérdese polo rego sen que a ninguén lle preocupe.
    Como cambian os tempos!

    ResponderEliminar
  7. Eu sempre gostei dos levaban froita... e se son de nata moito mellor...

    ResponderEliminar
  8. Que curiosas son as vellas tradicións. Saúdos

    ResponderEliminar
  9. Está xenial coñecer historias e tradicións das nosas vilas.
    Feliz San Pedro atrasado e que reghe o viño non a choiva, brindo cun ribeiriño: chin-chin

    unha aperta

    ResponderEliminar

És humano ti ?