Páxinas

venres, 27 de xuño de 2008

Vinteún meses



Hoxe o Leíño acadou os vinteún meses de idade e segue sen despedirse da teta. Come ben e está tolo polo pan que é a súa sobremesa favorita. Encántanlle os " petits " e máis se son de chocolate; larpeiro que saiu. Ten bó humor e xoga muito cos coches. Tamén lle gusta ler os contos no seu idioma extraterrestre que de cada vez semella máis chinés ca outra cousa. Non di case nada: segue con " papá ", " aaga ", " aitá " ( aí está, que di cando topa algo ), " tatá " ( tractor, porque está enamorado do tractor do avóM e prefíreo a calquera veículo ), " fofó " ( flor, que dixo un par de veces ), " roró " ( río, que dixo un par de veces tamén ) e pouco máis. O resto son ruidos e dixo a señora do banco que os nenos intelixentes tardan máis en falar. E non sei se é verdade ou quere que metamos máis cartos no banco. Gústalle pasear e saudar á xente e mandar bicos polo aire coa man. Sorrille ás mulleres e aos nenos e bótalle broncas a Colín, un defecto que colleu imitándome. Segue coas rabechas cando non se lle cumpre o gusto pero é fácil de distraer.

Nada, que cada día avanza un pouco a base de imitar como cando molla un dedo para pasar unha páxina. Pero o simpático é que o molla despóis de pasar a páxina !.

18 comentarios:

  1. Xa me tarda velo. A ver cando quedamos.

    ResponderEliminar
  2. Que guapo e divertido é o Leinho...
    Bem se ve que está feito de boa pasta..!

    ResponderEliminar
  3. Que lindo!
    O meu sobriño maior tamén tardou muito en soltarse a falar, pero no que empezou xa falaba como un home grande... e agora non cala nunca!
    Disfrutade os detalles todos!
    Bicos mil

    ResponderEliminar
  4. QUe cariña de pillabán ten o Leo na fotiño!!! que grande está xa!!

    ResponderEliminar
  5. Lindo que está o seu menino. Não acredite que tem alguma coisa a ver com a inteligência, falar mais cedo ou mais tarde. Meu irmão falou tarde e mal. Lembro-me que ele levou até quase aos dez anos (10) a não saber dizer grande maioria das palavras. E de nós três ele é o mais inteligente.
    Lembro-me que um dia minha mãe instigada pelas vizinhas o levou ao médico andava ele pelos seis anos. E o médico disse a minha mãe, que não se preocupasse, ainda viria o tempo que ele falaria demais.
    Um abraço e bom fim de semana.
    No Sexta há bolo. Se me quiser honrar com a sua presença...

    ResponderEliminar
  6. Non creo que estea tan mal sete palabras para 21 meses. Sete, porque creo que che esquece unha que lle escoitamos todos ;-)))

    ResponderEliminar
  7. Sei ben o que tes que sentir, eu teño unha pequena de dous anos, é a raiña da casa, Do idioma ese chinés, o máis bonito e que nos acostumbramos,e entendemolo perfectamente.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  8. Ainda que non te debes fiar moito do que che digan as/os dos bancos/caixas; neste caso penso que che teñen razón. Fíxate ti que eu, aos meus anos, e ainda non sei falar ben. Vou sair listismo!!!

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  9. Un andante, dous falante, xa veras.

    ResponderEliminar
  10. Estoume acordando de Cris que non falou ata cumprir os tres anos e agora tanto fala que ata lle dá por facelo noutros idiomas
    A.Cris

    ResponderEliminar
  11. oh, é un mini-home. :_____) Que simpático parece... e quen non ten unha foto na bañeira cando era pequeniño?

    ResponderEliminar
  12. Que grande está! Parece un homiño. E non teñas présa por que fale, cando empece non vai parar.

    ResponderEliminar
  13. Como medrou Leo, está lindísimooo.

    Beijos para Leo, Ana e para ti.
    :)

    ResponderEliminar
  14. Ben bonito que é o noso neno(perdoa pero que é o neno do Blog;polo tanto de todos nós).
    No da fala non teñas présa o meu Martín non arrancou hasta ben cumpridos os dous e agora non para calado....
    bicos o noso neno.

    ResponderEliminar
  15. O Leo é un bo mozo. E posúe o don da elocuencia na mirada aínda que diga poucas palabras e se exprese na súa xerga particular.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  16. pero que feitiño está!!!, xa ía unha chea de tempo que non vía unha foto del, e está ghuapo, ghuapo e sobre todo sinto que é un neno feliz, así que imaxino como estades.
    parabéns!!!!

    ResponderEliminar

És humano ti ?