Páxinas

sábado, 30 de agosto de 2008

Falsas promesas



Cando ampliaron a ponte sobre o río Louro en Vilaguindastre tiraron coa ponte vella. O anterior goberno municipal prometeu facer un parque e reconstruir nel a ponte vella para pasear por ela e conservala pois figura no escudo de Vilaguindastre e sería un digno retiro para a ponte emblemática. Fixeron o parque pero a ponte está desmontada nun terreo diante da miña casa cuberta de silvas e de cada vez máis esquecida. Supoño que quedará aí para futuros arqueólogos que matinarán sobre que facían aquí estas pedras amoreadas.

8 comentarios:

  1. Manda carallo, xa non me lembro dela. De calquera xeito, agora que están os orzamentos aprobados igual se animan a cumprir o que promenten.

    ResponderEliminar
  2. Os políticos falan máis do que fan, ese o conto de sempre jejeje. Saúdos

    ResponderEliminar
  3. ¿E quen cree xa nas súas promesas?
    O normal é que nos extrañemos cando as cumpren.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Home, pois eu tamén penso que un retiro mais digno meréceo.

    ResponderEliminar
  5. Os politicos din unha verdade cando se equivocan; e os municipais nin che conto.
    Saudos

    ResponderEliminar
  6. Unhas pedras que ademáis vense labradas e fermosas.

    ResponderEliminar
  7. Só lles interesan os votos, despois de ser elixidos xa non lembran nada.
    Bicos

    ResponderEliminar

És humano ti ?