
Hoxe estivemos por Aldán que cambiou muito dende que o visitei por última vez. Agora hai un paseo de madeira e muita construcción nova. Xantamos ben no chiringo do peirao e despóis demos unha volta por Cangas.
Fotografei un canastro comido pola vexetación coa particularidade de que ten unha áncora no remate no canto da cruz típica. Este remate só se pode dar nunha zona marítima coma esta. Ogallá dure muito este canastro anque dáme na espiña que é cousa de pouco tempo que o tiren e constrúan no solar.
Pois nunca vira eu tal curiosidade arquitectónica. Mágoa que non a sacases máis de preto.
ResponderEliminarSi,tambien me hubiera gustado ver mas de cerca el canastro.
ResponderEliminarEsperemos que el que construya en ese lugar,no lo derribe...
Bicos
E que o Morrazo ten lugares fermosos! ;)
ResponderEliminarsi, estano destrozando todo :(
ResponderEliminarHoxe por fin podo pasar e saudar, todos estes días estiveron os netos na casa e cando eles están teño pouco tempo, pasaba a ler pero non podía comentar nada, o tempo con eles é ouro. Agora teño libre ata o mércores que xa regresan de novo. O luns xa quedo libre, Un abrazo. A.Cris
ResponderEliminarCurioso o remate do canastro
Tenho unha visita pendiente polo Morrazo calquera día aperezo por alí, senón A. vaise enfadar conmigo.
ResponderEliminarUnha aperta.
:)
Menos mal que hoxe en día tense algo máis de conta dos canastros, alguns están abandonados ou medio a cair, pero hai xente que os merca para adornarlle o xardín, non é a súa función pero polo menos manteñense en pé.
ResponderEliminarUn saúdo.
Nunca tal vira!!
ResponderEliminarÉ moi bonito e orixinal, nen en Combarro (pobo canastreiro por excelencia) teñen esos remates.