
Pouco a pouco imos esquecendo a tristura e o mal sabor de boca do despido dos compañeiros e ata botamos unhas risadas. Un exemplo pode ser o que pasou o outro día. Resulta que para paliar o frío destas mañás poño bastante roupa como a camisola da foto que está gastada e a deixo para traballar. O " He asistido " mirouma posta e soltou unha das súas: " - Ah, ese es Einstein; el que formuló la teoría del BIG BEN ".
com relogio e todo??? vaia nom conhecia esta faceta do senhor einstein...
ResponderEliminarbeijos
Válghame deus!
ResponderEliminarA camiseta chulísima!
Tamén eu tiña un colega de traballo así, aínda que comigo ás veces falaba galego. Empregaba tempos compostos e soltaba palabras arrevesadas que lle saían do revés.
ResponderEliminarA nosa sociedade é a que é, e se muda algo faino a unha velocidade vexetal.
Un coñeceido meu comentáballe no bar ao director de certa sucursal da caixa de aforros que de contado lle faría unha "transfusión" para "amortiguar" o préstamo.
ResponderEliminarComo dicía Einstein, todo che é relativo (e ainda iso depende!)
A teoría do GRAN BEN, si señor. Por certo o "he asistido" emprega ben as construcións verbais, como demostra empregando neste caso "formuló" e non "ha formulado", independentemente do contido da afirmación.
ResponderEliminarQuizáis "He asistido" (Ha) pensou que ao que descubriu o efecto fotoeléctrico lle gustaban moito as hamburguesas e por iso asociou a camisola cun "BIG MAC"...
ResponderEliminarPor certo, fíxome rir moito o da posición FECAL da outra entrada, creo que (Ha) quixo dicir posición FISCAL jajaja
Saúdos.
Antón.
Pois haberá que superar a crise con humor, que sinón, estamos apañados.
ResponderEliminarAs veces algúns queren facerse o interesante, e o final seríalles millor quedarse caladiños.
Mira que confundirse có Einsten este, por certo, ¿que xogaba no Madrid ou no Barcelona?