Páxinas

luns, 3 de novembro de 2008

Maldade



O Leo ten unha " admiradora " na gardería que xa lle mandou tres trabazos. Sabemos que son cousas de nenos pero non deixa de plantexarme unhas dúbidas que xa me apareceran cando mirei esta pintada da foto. A dúbida que teño é esta: a que idade un neno comeza a ser malo ?. Todos coñecemos casos de xente mala como ditadores, asasinos, militares, etc. Pero esa xente foi un bebé e logo un neno. En que momento se fixo mala persoa e por que ?.
Ben, aparte desa dúbida na foto aparece a falta de decisión dun rapaz novo, supoño, que quere ser malo e non sabe como selo e de aí que oriente os brazos da cruz gamada nun sentido e noutro.

14 comentarios:

  1. cando era nova, unha rapaza traboume nun brazo... tan forte que me levantou a pel e todo... da a casualidade que despois de tantos anos, este coincidin na clase con ela, e é boa rapaza... non creo que se lembre nin tan sequera do chanchazo... pero bueno... son cousas de nenos... de momento... chega unha idade a que esa excusa non vale e hai que pararlles os pés... bicos ó Leo!

    ResponderEliminar
  2. Á idade do Leo os nenos non saben cómo demostrar os seus sentimentos i é por isso que empezan a pegar ós compañeiros, é unha etapa e a labor dos pais e dos educadores é ensinarlles a canaliza-los correctamente.

    En canto á pergunta e salvo casos patolóxicos eu creio que un neno é malo cando se lle fan maldades, é dicer, cando se lle aprende a ser malo.

    Un bico *

    ResponderEliminar
  3. Ó mellor podes pasarlle este artigo ás súas coidadoras:
    http://adivinacuantotequiero.blogspot.com/2008/02/6-formas-de-ayudar-al-nio-enfadado.html

    O Doctor Sears é un referente na crianza respetuosa.

    :)

    ResponderEliminar
  4. Non creo que ha unha edad especifica pra maldad.
    O problema comenza cando o neno e consciente do mal que fai.
    E seguramente ten relación co a sua educación.

    Bicos

    ResponderEliminar
  5. ufff...pois nom sei, de todos os jeitos, e tal como se dixo, essa meninha tem ainda muito tempo de evoluir.

    Quanto à pintada, até para ser nazi há que valer...

    ResponderEliminar
  6. eu creo que o da pintada non é máis que o debuxo dun z erguendo as mans!
    e tamén creo que hai nenos malos, que xa coñecín algún que aos catro ou cinco anos fai maldades :(

    ResponderEliminar
  7. e tan malo... (para debuxar esa cruz, aínda que supoño que non saberá o que é).

    O da maldade é un constructo social determinado polo sistema económico vixente, xa que o comportamento humano vese reflectido no mesmo (Karl Marx)

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  8. Uma interrogação que sempre nos passa pela cabeça a nós pais.
    Um abraço e beijinhos ao Leo

    ResponderEliminar
  9. A idade que pode ter a pequena que morde a Leo, excúlpaa de maldade :-)
    Normalmente os nenos morden nunha etapa moi concreta da infancia en que non son capaces de facer sair a súa frustración de outro xeito. En canto entenden que chamarche malo, feo ou imbécil tamén te molesta, deixan de morder...
    O paso previo a deixar de morder é aprender que falando se entende a xente. Anque che hai moitos adultos que aínda non deron asimilado ese paso, seguramente o da pintada será un deles.

    ResponderEliminar
  10. teña conta do cativo, pero non me preocuparía demasiado a estas idades: a miña filla tivo en ourense unha compañeira da gardería que tamén mordía, mesmo a tiñan que poñer no medio da sala rodeada de cadeiras para que non se botase aos outros nenos. en fin.
    grazas polos parabéns: ir botando anos con persoas coma vde perto é un pracer. en serio.

    ResponderEliminar
  11. Moitas veces os pequenos repiten o que viven nos seus fogares.
    Se están entre violentos, é moi posible que sexan violentos...

    De tódolos xeitos, quizáis a "admiradora" do Leo poida medrar e cambiar os seus costumes.

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  12. totalmente dacordo con Ana.

    Un rapaz pode ser máis ou menos agresivo, moito depende tamén do ambiente familiar, pero cando empeza o problema é precisamente cando comeza a ser consciente da súa maldade e gústalle, fai que se sinta ben, porque na casa son así ou por todo o contrario, porque na casa pasa desapercibido e precisa amosarse dalgún xeito cando está fóra dela.

    Apertas.

    ResponderEliminar
  13. Pois eu, que teño o título de doutor en psicoloxía infantil, pola Universidade de Alvidrón (Antas de Ulla), vouvos dicir unha cousa:
    Os humanos nacemos malévolos e pouco a pouco imos reprimindo (ou educando) esa maldade innata.
    Hainos que medran e non logran educarse xamáis, e rematan por ser adultos malos. Iso sí é preocupante.
    E si, o entorno familiar ten que ver; pero ten moitísima máis influenza a predisposición do individuo para ser ou non ser dun xeito (véxase que hai irmáns que son coma o día e maila noite, a pesares de ter a mesma familia).

    Ala, xa pagaredes a consulta outro día

    ResponderEliminar
  14. o ano passado na mesa de laura havia uma nena que era o terror... mordia até fazer sangue e a um rapaz astilhou-lhe uma costela. a nena só repetia conductas aprendidas na casa. este ano mudou de colegio e quando chegou com a mesma actitude de jefa de aula deram-lhe até no dni. enfim... a vida pom a cada quem no seu lugar e a mae que o ano passado fechava os olhos ao que estava passando, este ano decidiu que era o momento de tirar de psicólogo e solucionar a vida de ambas.
    beijos

    ResponderEliminar

És humano ti ?