Páxinas

xoves, 13 de novembro de 2008

Risos



O Leo aprende palabras rapidamente pero tamén ten erros e malentendidos simpáticos. Hai uns días cando quería dicir " piratas " dicía " patas " e agora xa avanzou un paso máis e di " patatas " e non hai xeito de que diga " piratas ". O outro día pregunteille: " Encendemos a tele ?. Que queres mirar; o que boten ? " e el respondeu todo cheo: " Si !. Boten ! ". Por sorte para Leo imos conseguindo DVDs infantís como o de Robinson Crusoe. Nesta versión hai un momento no que fala co loro e di: " Tengo que empezar un diario para no perder la cuenta de los días que llevo en la isla " e vai e empeza polo 30 de febreiro !. Calquera se fía das contas de Robinson Crusoe !.

Nada, que entre o Leo e detalles así boto uns risos.

12 comentarios:

  1. ben; confundir piratas con patatas pode levar a cabreo inmenso aos mencionados patapalos.

    Imaxinemos: "eu son capitán patata, o meu nome é "sacocheunollo""

    ...non sei non sei

    ResponderEliminar
  2. Non hai dúbida de que o neno xa se decatou que este mundo precisa dun cambio profundo, jeje.
    O que non teño claro é quen foi o que se dou conta do 30 de febreiro, se foi o pai ou o fillo?
    Unha aperta dende a inconstancia :-)

    ResponderEliminar
  3. unha das etapas máis divertidas dos nenos é cando empezan a chapurrear

    ResponderEliminar
  4. Aínda che quedan moitos risos que botar co Leo e co/coa futurible. Non é arriscado augurarche uns vindeiros anos moi prometedores.
    Vexo como o Leo vai progresando moi positivamente nas capacidades lingüísticas.
    Apertas para todos

    ResponderEliminar
  5. O Leo está agora no mellor, quédanche uns cantos risos que botar, e mais dunha vez has quedar parvo coas súas respostas.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  6. estam tam simpáticos a esta idade...
    beijos

    ResponderEliminar
  7. Por un intre sentín certa envexa. Ri, ri.

    ResponderEliminar
  8. ufff...as minhas sobrinhas, dous e três anos, falam de maravilha, mas há palavras que tardarám muito em dizer. Há um dos bolechas ao que nom lhe sabem dizer o nome, som incapazes. Eu passo horas com a maior intentando ensinar-lhe: "a ver como dis: Braaaaulio...Braaaaulio...e nada..."

    ResponderEliminar
  9. E máis risa que vas a botar, son a leche. A sorte que tés e que vas apuntando todos eses cambios e o día de mañán poderás repetir as risas ou polo menos lembralas.

    Eu, como xa che conten, teño unha pequena con case tres anos, e a pena que me queda que non me recordo o que decía meu fillo con esa idade (agora ten trece).

    Agora está na fase das preguntas, e claro, teslle que contestar a todo canto che pregunta.

    A disfrutar deles que logo medran.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  10. http://ourizosechicaros.blogspot.com/2008/11/eu-non-me-considero-tonto.html

    ResponderEliminar
  11. Cando David tiña mais ou menos a mesma idade de Leo, pendianos sempre que lle contaramos o conto da Nena Xena, e o pelince....(Cenicienta e o principe..)
    Durante unha epoca, CArmen e mais eu, estivemos apuntando as palabras que ia Decindo....ainda deben andar porf ahi, ...era curioso.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  12. son xeniais os nenos!!!! Santiago non di "necesito", dí "neeeeeeíto" aforrando consonantes. E conxuga os verbos irregulais dun xeito encantador. Canta ledicia en corpos tan pequenos ;-)

    ResponderEliminar

És humano ti ?