Páxinas

xoves, 18 de decembro de 2008

Galletas desavaporadas



Viaxando pola interrede adiante topei un vídeo de youtube onde falan dos blogos en galego e, curiosamente, saía algo falando deste blogo no minuto 1:37 como dicindo que era un blogo " que falaba do cotián, do familiar e do contorno " e non podo negalo. O que si me gustaría engadir é que tamén falo de detalles curiosos da lingua como palabras galegas de uso restrinxido e que gracias á interrede poden quedar rexistradas.

E hoxe quero falar das galletas " desavaporadas " que é como lle din por Arbo e Vilaguindastre a esas galletas que quedan no paquete dun día para outro e que o día seguinte están como brandas. O Leíño ten unha capacidade innata que mete medo de non querer que se desavaporen as galletas.

E isto é o familiar, cotián, do contorno e da lingua que quería dicir hoxe.

14 comentarios:

  1. debo dicirlle que eu son coma o leíño: non hai galleta que se me desavapore (nin de cativo, fíxese, canto máis de maior)

    ResponderEliminar
  2. hahaha moi bó!!

    E eu tamén sou outra "leíña" loitando contra a desavaporación (sobretodo das de chocolate hahaha).

    Biquiñosss

    ResponderEliminar
  3. que lambón o Leíño, témome que eu fago o mesmo as escondidas... :P

    ResponderEliminar
  4. Ola! gustoume o video. Parabéns!, es famoso ;-)

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  5. Passei. Deixo um abraço e desejos de boas festas

    ResponderEliminar
  6. mati é como o leo... o monstro das "lletas"
    beijos

    ResponderEliminar
  7. Efectivamente o teu blog fala do cotián, pero de moito máis. A min o que máis me sorprende é a túa visión concreta da vida, o enfoque e a perspectiva con que miras o acontecer no teu arredor, sempre diverso e plural. Cómo segues o crecemento do teu fillo, o latexo da vida en Vilaguindastre, Arbo e en moitas partes de Galicia.
    E as palabras, que son unha regalía que herdamos dos devanceiros e que ti fas que perduren cos teus comentarios.
    Brindaremos cunha galleta para que non se desavapore e para que isto continúe moitos anos máis.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  8. O que fai o Leiño e, precisamente, "evaporalas", carallo!!!

    (Onte case chego a Vilaguindastre. Despisteime na autoestrada cando ía con dirección a Oia...)

    ResponderEliminar
  9. O teu caderno fai que me sinta como na casa, no meu entorno (amigos e familiares) tamen temos unha desas verbas qque demos en chamar paveras...chirinfito, eu chamolle chirinfito, a todo aquel trebello ou acción da que non sei ou lembro o nome. Saúdos e apertas

    ResponderEliminar
  10. Ás veces creo que Eva ten razón ao chamarme autista. Porque a pesar de levar máis de 13 anos en Vilaguindastre nunca oín falar das galletas desavaporadas. Con respecto ao vídeo, nel dinse verdades coma puños, a normalización lingüística estase acadando na rede grazas a, créalo ou non, xente coma ti. Bo traballo.

    ResponderEliminar
  11. Eu nunca oíra a esa palabra, nos chamámoslle resesas, e claro, millor comelas frescas, como fai o leiño.

    Que gustazo debe ser que te mencionen así nun video, ou nunha noticia. Parabens.

    ResponderEliminar
  12. sempre gostei moito das galletiñas de limón (as famosas surtido)

    ResponderEliminar
  13. Desavaporadas - tomamos nota , seguimos aprendendo. Graciñas

    ResponderEliminar
  14. Mentres non teña o ánimo desavaporado e consiga seguir emprestándonos cousas,estamos de boa.
    aperta

    ResponderEliminar

És humano ti ?