Páxinas

domingo, 21 de decembro de 2008

O teo da máquina


Xa sei que case é pecado falar de traballo nestes días pero teño que dicilo antes que o esqueza. Estes días a máquina paletizadora ( parecida á da imaxe roubada na interrede ) andaba tola e traballaba mal. Un camioneiro falou comigo:
- O que pasa é que a máquina ten o teo.
- E iso que é ?.
- É unha enfermidade que lle dá aos porcos na cabeza e que se poñen a dar voltas ata morrer. Para curalos hai que darlles un corte nas orellas para que lles baixe a presión sanguínea.
- Ah !!!. Pero si lle digo iso ao encargado non o vai entender( leva pouco tempo na empresa e vén de Madrid ).
- Entón aos porcos de Madrid non lles dá o teo ?...
E así me convenceu de tratar de ensinarlle galego ao encargado novo; aos poucos para que non se asuste. Xa aprendeu o que é unha trapallada.

6 comentarios:

  1. Pois eu tamén coñezo a expresión, pero non sabía da súa orixe. En Perdecanai din: "ten o teo" ou "ten o meighallo" para cando alguén non para quieto, principalmente os meniños.

    ResponderEliminar
  2. hahahaha aprendeu unha das palabras máis fermosas da nosa lingua :)

    Aquí cando alguén non para quieto (especialmente os cativiños) dícese que ten o formiguiño do corpo, o que non sei é de onde ven a expresión.

    Bicossssss

    ResponderEliminar
  3. Nunca che oira o do teo...a iso por aqui chamanlle dun xeito máis xenerico...deulle o mal. Saúdos e leda vida

    ResponderEliminar
  4. Nunca che oíra a palabra, e o encargado supoño que menos, no? O final, cortásteslle as ourellas a máquina?

    Sobre o que dín alguén non para quieto, nos decimos parecido a Meninheira, "ten o formiguillo no cú".

    ResponderEliminar
  5. Velaí outra expresión nova para min, porque aquí no Deza non a usamos.
    Vas ter que empregar as horas extra para poñer ao encargado ao día, se non le dá o teo como á máquina.
    Moitas apertas

    ResponderEliminar
  6. nunca oíra tal cousa pero desde hoxe vou adoptar a palabra. mola

    ResponderEliminar

És humano ti ?