Páxinas

xoves, 15 de xaneiro de 2009

A señora Gloria e a isoglosa


Unha isoglosa vén sendo unha liña imaxinaria que separa dúas zonas que resolven de maneira distinta unha cuestión da fala. Así pola parroquia onde vivo pasa a isoglosa que separa a zona sur que di " teis " para a segunda forma do singular do verbo " ter "; da zona norte onde se di " tés ".
Bueno, así era cando vivía a señora Gloria hai máis de vinte anos na casa da foto. Era unha viuva cun fillo na Alemaña e que tiña unha tenda-bar. Lémbroa sempre vella e como a persoa máis parecida a unha bruxa que coñecín. Tiña pelos alborizados, nariz grande, queixo saído e ata unha verruga con pelos e o seu falar era malhumorado e era a señora máis ao norte que dicía " teis ".
Agora mudaron muito as cousas e desaparece a xente que di " teis " e " tés " e cada vez hai máis " tienes " e incluso " tenés ".

14 comentarios:

  1. Xa ves, para que despois os de Galicia bilingüe se queixen.
    Por outro lado, o de "teis" nunca me sonou moi ben, na nosa zona sempre fomos de dicir "tés"
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Pois nada, haberá que dicirlles aos cerebriños que fan os mapas das isoglosas que tracen a liña un pouco máis ao sur da casa da señora Gloria, se é que ainda queda alguén que diga "teis".

    ResponderEliminar
  3. Eu estou co amigo Carlos e a súa lembranza a esos do bilinguismo. Unha mágoa!

    Un biquiño, xa cantas semanas van?

    ResponderEliminar
  4. Pois para min o "teis" vén do norte. Na Mariña tamén se di... e encántame!

    ResponderEliminar
  5. Concordo con Emereci, a mín tamén me gusta "teis" pq é da minha zona...

    Unha aperta.
    :)

    ResponderEliminar
  6. E logo pretendo aprender o galego,jejeje
    Mellor falalo a minha maneira,jajaja

    Bicos

    ResponderEliminar
  7. hehehe; que grande verdade; "teneis" é cada vez o maior dos virus da nosa lingua.

    ResponderEliminar
  8. pois que queres que che diga, eche un chisco triste non si? perdese o falar para seres cada vez máis castelanizado...agardo que o leiño sexa galego falante...se vos parece ben..claro. Saúdos e apertas

    ResponderEliminar
  9. que curioso o das isoglosas porque na maioria dos casos nom há muita distancia entre umas formas e outras... ainda quedará alguém da quinta da senhora gloria que a utilice, nom?
    beijos

    ResponderEliminar
  10. Eu, que vivo en Vilaguindastre e case son de aquí, teño unha fala máis parecida á do Salnés ou Pontevedra (que é de onde é a miña orixe), e alí dicimos tés. Sen embargo, e malia o que dis, aínda queda moita xente que di teis. Se buscas un pouco cara Cela ou Herville escoitaralo, e senón en Salceda. Unha ex-compañeira de traballo da Picoña tamén o dí.
    Aínda me queda algo de optimismo con respecto á lingua, non si?

    ResponderEliminar
  11. Carlos Sousa: os de Galicia Bilingue queren iso de verdade pero con español e inglés.
    Non sei se se dirá " teis " nalgún punto de Ponteareas.
    pablo: aínda queda xente que di " teis " pero máis ao sur.
    Graciñas pola visita e comentario.
    Meninheira: non me digas que agora só admites invitados no teu blogo...
    Eu non sei da conta das semanas. Sei que Xiana ha vir alá por abril.
    emereci: teño entendido que tamén o din polas montañas de Lugo. A min encantar non me encanta pero resúltame normal.
    Marinha de Allegue: creo que eres da costa coruñesa ou por aí. Non sei.
    Ana: tranquila que a xente entende igual e máis se saben a túa orixe.
    Manuel L. Rodrígues: a mágoa é que non só se perden formas distintas senón que se perde o idioma enteiro.
    An: claro que é triste pero non era a miña intención entristecer senón simplemente informar e dar un toque humano ao concepto isoglosa.
    O Leo aprenderá galego pero non creo que o fale rodeado como está de castelán-falantes. El xa decidirá cando medre.
    Eva Rei: xa coñezo o teu falar que me encanta e non ten nada desta zona.
    Por suposto que " teis " existe e ata o teño entre compañeiros de traballo que son de Salceda. En Pontellas úsano e en Mosende máis pero de Torneiros para o norte xa nada.
    Como curiosidade podo dicirche que hai vinte anos a xente mui maior da zona sur de Torneiros dicía " tens ", os adultos " teis " e a xuventude " tés ".
    Os que din " teis " tamén din " veis " ( do verbo " vir " ) e " pons " por " ti pós ", etc, etc.
    A min o galego gústame pero o que me apaixona de verdade son as variedades dialectais.

    ResponderEliminar
  12. Invitados? nonono, o meu blogue é aberto a quen queira, sería un deses erros do blogger.
    Ó final entraches non?
    que estrano :O

    ResponderEliminar
  13. Un tema muy interesante.Sigo aprendiendo, gracias a todos. A. Cris

    ResponderEliminar
  14. Son este tipo de variantes as que tamén enriquecen a nosa lingua, facéndoa viva.

    (E o da señora esa...miraches se tiña algunha escoba voadora por alí?)

    ResponderEliminar

És humano ti ?