Páxinas

domingo, 11 de xaneiro de 2009

Sobremesa nadaleira


Estas pasadas festas teñen tamén as súas sobremesas típicas. Por Arbo son típicas as tostadas de viño e o requesón ( na foto sae con viño e azucre como a min me gusta ). Logo están as típicas mercadas ou conseguidas nos lotes que perduran e perduran. Non sei a ti, pero a min despóis das festas xa non me apetecen e quedan aboiando por aí un tempo. E así agora quedan roscos de viño da Estepa que teñen un ingrediente de nome curioso como é a " matalahúva ". A miña curiosidade encendeuse e non parei ata descubrir o que é.
Bueno, vou ver se remato os dóces dunha vez.

8 comentarios:

  1. Eu non podo mais coa comida, estou empachada.Ainda mais os doces.
    C´aproveche!!!

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Non sabía eu desa sobremesa de Arbo e de seguro que ha estar ben boa. A ver se un día dás a proba ou polo menos mándasme a receita, e así fágoas eu.
    Que mellore o Leíño.

    ResponderEliminar
  3. Bueno!!! isto xa e un luxo!!! estasme a incluir no teu blog e ademais nunha lista onde van nomes de prestixio, e ainda por riba chamasme fotografa, ufff e moito, eh? :)
    Non sei como darche as gracias por engadirme e por visitalo meu pequeno curruncho.

    Unha aperta moi grande, seguireite de cerca a partir de agora ;)

    ResponderEliminar
  4. Buf, máis doces non... eu por min os seguiría a comer... co lambona que son... pero creo qeu agora toca adelgazar eses kiliños que no nadal se aposentaron onde non debian. ;)

    ResponderEliminar
  5. este Leo e mailos seus son xente de "papalo ben"...Bo ano, xentiña!

    ResponderEliminar
  6. por aqui sobraram-nos polvorons de coco, enviamos-te alguns?
    beijos

    ResponderEliminar
  7. Por aquí as tostadas de viño e a leite frita son moi típicas, o requesón non se leva moito.
    O que está claro que un queda aburrido de tantos doces. Eche o que hai, como a rosca na semana santa.

    Entón o matalahuva ese é o anís? que ganas de complicalos nomes.

    ResponderEliminar
  8. Pois non coñecía eu o das tostas de viño. Sí coñezo as sopas de mulo canso (viño con pan). Haberá que probalas.

    ResponderEliminar

És humano ti ?