
Hai muitos anos aprendín que o grupo consonántico inicial " FL- " do latín evoluciona para o galego en " CH- " e o extraño era que a palabra latina tan abundante como " flos, flororis " non resultase " chor " no galego. Iso si, había o caso da chorima que é unha palabra querida por muitos e que é a flor do toxo. Ata aí o que tiña entendido eu sobre flor e a súa evolución no galego.
Pero o outro día falaba un compañeiro xa maior sobre atar e podar viñas e dicía que era xa tempo que senón empezaban as prantas a chorar, a botar flor. E lembrei o asunto da evolución da palabra flor e o raro que non estea rexistrado este verbo exemplo de evolución.
Bueno, aquí o deixo para o futuro.
A foto é da camelia que chora agasallo dunha amiga para o Leo.
Qué bonito verbo, nunca antes o escoitara!
ResponderEliminarUn biquiño
Entón para unha planta chorar = botar flor?
ResponderEliminarGrazas pola información :-)
Saúdos.
Antón.
Meu pai decia que as cepas se se podaban fora de epoca "sangraban" de pequeña pensaban que tiñan sangue coma min, pero logo comprendin que era a savia, e nalgunha ocasion vin como goteaban.
ResponderEliminarSaudiños
Quizáis FLOR sexa un cultismo reciente e por iso non evolucionara....quizáis outro termo foi sustituido por el.....vaia picoume a curiosidade....hei de investigar eu tamén....
ResponderEliminarApertas.
Estou a pensar na palabra "chorima", que tamén debe pertencer á familia. Vese que aínda tes o sentido filolóxico esperto. O meu xa hai moito tempo que adormeceu.
ResponderEliminarNon sabes a alegría que me dá ver a camelia de Leo tan chea de flores e tan ben coidada e gústame moito iso de que chora non o savia, como sempre aprendese moito esculcando este blog. Un saúdo A.Cris
ResponderEliminarmm.....estiven cavilando....(aínda non puiden certificalo)....O grupo PL- tamén da Ch en galego. En casos de ambigüedade un dos dous grupos non evoluciona ou toma un préstamo. Chorar ven de PLORARE....
ResponderEliminarCando estudaba filoloxía, lembro un exemplo que me poñía o profesor. OLEUM e OCULUM ían confluir ambos en ojo (lj e cl=j). Así que se tomou o préstamo árabe aceite...Quizáis a explicación sexa esa....ante a confluencia de evolucións, unha evoluciona e a outra non....
Ai Deus, perdoa a parrafada....
Bicos!!!
oes pois non caira eu niso...o sabado falei co meu abo mentres ollabamos a parra e disenlle iso mesmo, que cedo empezou chorar a viña...é como foi unha verba que sempre escoitei...non lle din máis importancia...ata agora...que curioso...agoraa moitos din agromar...pero eu sigo dicindo chorar...inda que cando cortas un bacelo e comeza a soltar savia...tamen digo que esta a chorar..Saúdos e apertas meu
ResponderEliminarSei seguro que se emprega o de "choran as cepas", e como ben explica Merce, e cando podala viña fora de tempo. Este ano pasoume, ó podar unha "viña alta" que soamente é para dar sombra no eirado. Foi hai tres semanas, e as cepas choraban de lo lindo. Ata parecía que lle estabas a facer dano.
ResponderEliminarUn saúdo
qué fermoso o de dicir que choran as flores, non o escoitara antes. estas cousas hai que intentar trasmitilas e que non morran.
ResponderEliminargraciñas por compartir a túa sabedoría.
unha aperta
Sempre nos enseñas algo. Aperta
ResponderEliminarSi, eu tamén pensaba que o de chorar era porque cando podabas tarde a viña logo pingaba a savia. Senón hai outro verbo da viña que nunca vin escrito, a ver ti que tes máis coñecemento destas palabras. Farnar. Creo que é cando a flor pasa a uva.
ResponderEliminarUn saúdo
Bonita información.
ResponderEliminar