Páxinas

luns, 29 de xuño de 2009

O prometido é débeda


O outro día falaba do costume de " roubar " carros e cancelas na noite de san Xoán e puña unha foto do ano pasado. Prometín facer unha foto este ano do mesmo sitio e aquí está. Este ano hai unha cancela, dous carretillos de man e unha neveira de praia !. Ao millor había máis cousas no día propio xa que pasaron uns días dende a noite de san Xoán e houbo tempo para recolleren os donos o " roubado ".

E poño outra foto de onte da praza de Barcela con carros, dúas cancelas, un coche de neno, unha zofaina e un bidón. Hoxe seguro que había máis cousas porque tamén " rouban " na noite de san Pedro.



7 comentarios:

  1. jajaja curiosa costume, pero nalgun sitio trocaron os carros polos carretillos e ainda asi seguen a facer das suas.

    Saudiños

    P.D. O pequeno Leo esta ben guapo nesa foto da entrada anterior :)

    ResponderEliminar
  2. Agora xa vale todo, o importante é que a costume non se perda, sempre e cando non se lle faga daño a ferramenta, que iso é outra.
    Por aquí, nin por San Xoan nin por San Pedro, parece que a cousa se vai perdendo.

    ResponderEliminar
  3. Hahahaha, eu às vezes que me lembro de ir ao sam joam modernizamos os roubos: chegamos a levar desde plantas nas macetas a felpudos das casas, os contenedores todos e assi. :P

    Carros já nom hai, mas cousas que amorear no meio da praza inda se vam topando :P

    ResponderEliminar
  4. Pues non me gusta moito esta costumbre, xa me tocou que me robaran os portais e non ten ninhuna gracia.
    Siento ser a nota de discordia.

    Bicos

    ResponderEliminar
  5. Oiches... pois a min gustame mais a praza cos carros e a zanfoña que sen nada.
    Deixadeos quedar ahí.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  6. Unha neveira de praia!!, chegados a este punto coido que xa podemos prescindir dos santos para poder roubar sen ter que pasar polo confesionario.

    ResponderEliminar

És humano ti ?