Páxinas

martes, 9 de xuño de 2009

Rimbombancias e pinicos


Vivimos nunha sociedade mui dada ás grandes palabras ocas de significado ou cun significado escuro e así hai unha furgoneta veciña con este nome de empresa que non me di nada: Globalización de servicios integrales; e logo vén pintada cuns peixes voando entre árbores. Se alguén comentarista sabe algo que mo explique.
Así tamén teño un compañeiro de verbo vacio e fácil que cre na teoría creacionista e escribe " agua " con diérese, aparte doutras mostras de saber barato. Cre que vai ir ao paraíso e, de feito, está collendo práctica porque é un mangoeiro que non pega pau na auga. Pero hoxe sorprendeume coa última porque dicía que nas manifestacións do metal os vándalos aprenderon de Kale Borroka. Eu fixen o parvo e pregunteille que era iso e el iluminoume dicindo que Kale Borroka é unha organización proetarra onde aprenden a luitar contra a policía. Nada, que é millor deixalo desbarrar.
A boa noticia de hoxe foi que o Leo pediu para mexar no pinico e mexou nel por primeira vez !. Supoño que o día de chuvia axudou bastante.

7 comentarios:

  1. Noraboa polo abance de Leo ;) do resto non fagas nin caso, as vervas nacen cheas e co tempo rematan valeiras, e nese intre, debeche ser que asi pesan menos, é cando máis se usan.
    o da tira de can para entendela tes que ver as anterirores, podes facelo premendo o debuxo de can onde pon series. Saúdos e apertas
    http://cgruan.blogspot.com

    ResponderEliminar
  2. Aclaroche eu rápidamente a que se adica esa empresa. É mais, gústame ben que nos fagas esta pregunta. "Globalización de servicios integrales" adicase a transformar o farelo (que non é o mesmo que a fariña) en palla, e posteriormente en trigo, para logo volver a facer farelo. Todo dun xeito globalizado para poder cobrar o farelo igual de cara, ou mais, que a fariña.
    Eu, de todos modos, sigo preferindo a fariña.
    Non sei se me expliquei. Senón volveracho explicar o compañeiro sabiondo.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  3. Parabens, era cuestion de tempo que o fixera, je, je, je...sobre o teu compañeiro mellor xa non dicir nada.
    Por certo curioso o que se adica a empresa da furgoneta, non sabia iso do farelo e da fariña.
    Bqñs.

    ResponderEliminar
  4. Despois da explicación de Barreira, penso que o da fregoneta xa quedou claro; así que eu vou comentar o asunto de mexar na vacenilla. Lembroume que unha neniña veciña saiulle un tirizolo nun ollo e alguén lle dixo que iso foi por mexar no medio dun camiño, e a nena respostou:
    - Non pode ser por iso, xa que a miña avoa tamén mexa no camiño e non lle saiu (o tirizolo)!.

    Hai que ter un tino cos nenos...

    ResponderEliminar
  5. Eu penso que lle vou a pedir a Barreira que mo volva explicar jaja non me quedo moi claro.

    Noraboa a Leo! vaise facendo maior :)

    Bicos

    ResponderEliminar
  6. aopedofarelo11/06/09, 20:52

    Recordei agora lendo o teu post, unha anecdota que me contou un sobriño, policia que nos primeiros tempos da sua estadia co corpo, foi destinado ao Pais Vasco, "Euscalderria, como a chaman os Batasunos...
    O caso é que un dia no medio dunha das moitas broncas, e "kale borroka", de por ala, de fai anos, un compañeiro chamou a central pedindo reforzos para rechazar os violentos, que lles lanzaban coctoles molotov, ao ser preguntado donde se atopaban, o rapaz, novo, e que levaba pouco tempo en REnteria, mirou o cartel da rùa donde se pon os nomes, e dixo:
    Estamos en "la calle calea"..
    (En Euskera, calle escribese Kalea), o home non entendeu nada.....

    ResponderEliminar
  7. Ola familia, coa chegada do terceiro neto Roi, non o parece pero me rompeu un pouco a rutina. Agora teño unha chea de blogs amigos pendentes ver e ler, que espero poder pór ao día durante esta semana. Chámome moito a atención a flor do kivwi, mira ti por onde nunca me fixei nunha (cousa rara en min)e iso que a veciña ten uns cantos, claro que están detrás dun peche alto e non se poden ver moito, pero xa teño un plan para velos de cerca e facerche a competencia coa foto dunha das súas flores.
    Un abrazo para todos.
    A.Cris

    ResponderEliminar

És humano ti ?