Páxinas

luns, 14 de setembro de 2009

Primeiro día de cole


E hoxe foi o Leo á escola por primeira vez. Empeza o periodo de adaptación cunha hora diaria e hoxe pasouna case toda chorando. A profe chámase Maite. Maite fala galego, leva un colgante cun tríscele e parece boa rapaza e supoño que será paciente para aguantar a nenos chorando seguido como Leo e outro compañeiriño cunha perrencha enorme.
A ver mañá como o leva.

14 comentarios:

  1. O primeiro día pode chegar a ser nunca sabes como vai a saír. Pouco a pouco.

    Sabes, chafáchesme o meu seguinte post que vai ir sobre o mesmo.

    Curiosidades, a palabra de verificación que me saíu foi "unpai", casualidades.

    ResponderEliminar
  2. Lembras o primeiro día de escola?
    Eu si. Lembro o patio pequeno diante das clases de parvulitos, a profe Ana ( a miña primeira mestra e a que me aprendeu a ler), os mandilóns de cadriños azuis e brancos, a miña veciña que choraba sen parar, o balbordo dos nenos berrando, e o "cheiro a cole"...
    Sempre me encantou como cheiran as escolas; debe ser polo material escolar, pero para min é un arrecendo marabilloso. Aínda hoxe me gusta entrar na dos meus fillos e sinto ese cheiriño.

    ResponderEliminar
  3. Nun par de días non só non chorará senón que estará desexando ir. Verá como o sábado terá pena de quedar na casa.

    ResponderEliminar
  4. Non te preocupes, en pouco tempo se adapta.
    So me quedei pensando ( tamén penso,jeje), que narices e o tríscele. A mi me sona a símbolos Celtas, mais dame que a cousa non va por ahí, verdad que non?

    Bicos

    ResponderEliminar
  5. Hai.... mal de moitos...... Ese é un momento irrepetible. Coido que é unha das poucas veces que se externaliza o medo ao novo.
    saudos.

    ResponderEliminar
  6. Espero que hoxe fora mellor :) i é que son tan pequenos...

    Un biquiño

    ResponderEliminar
  7. Tempo o tempo,eu tiña seis anos cando fun por primeira vez a escola e tamen chorei, con seis anos llorar que apampanado ja ja ja.

    Maite xa estara acostumada a estes situacions,xa que se non o pasaria peor ela que os nenos.

    PRAADIANTE

    ResponderEliminar
  8. supoño que quitarías foto para a posteridade,eu teñoas dos meus máis do meu primeiro día de cole nin me acordo,debeu ser sin problemas....
    bicos

    ResponderEliminar
  9. Pregúntaste como levará mañán o colgante do trisquel a Maite?
    Seguramente non o vai levar. As mulleres para esto sonche moi presumidas e dudo moito que repita adorno...

    (Ánimo para os papis, que tamén lles doe. Xa veredes como nunha semaniña todo vai acougando)

    ResponderEliminar
  10. Agardo que dentro duns días nos digas o feliz que está con esa profe que fala galego.
    Dentro de nada o Leo terá un bo fato de amigos e colegas nesa escola.
    Apertas

    ResponderEliminar
  11. Dentro de pouco non vai querer que o saques de ali. Saúdos e apertas

    ResponderEliminar
  12. aopeofarerlo16/09/09, 23:23

    ¿Sabes?, Eu ainda recordo coo se fora onte, cano levei a David, a primeira vez ao Cole.
    REcordo que nos sentamos pais-nais, e nenos, nas bancas, e mesas da clase, para escoitar as normas basicas, de comportamento, e asistncia, da profe....e ao finalizar,e despenirnos, David, tamen levantouse, e colleume a man pàra marchar conmigo cara a casa...
    Non chorou, pero teño para mi que non estivo demasiado a gusto.
    Un mal trago que todos temos que pasar...Despois o longo da vida, temos que soportar un tras de outro, lamentablemente

    ResponderEliminar
  13. Espero que xa se adaptara á escola e que faga moitos amigos.
    Saúdos!

    ResponderEliminar

És humano ti ?