Páxinas

xoves, 17 de setembro de 2009

Visita familiar



Pois o Leo segue cos seus choros no cole e non entende como agora vai a outro cole onde non está Susana, a nena que lle trababa na cara, ou Rebeca, a profesora. Nós dicímoslle que agora é maior e ten que cambiar de cole e el di que non vai chorar pero non nos convence. A ver mañá.

Onde si o pasa ben é en Arbo e máis coa visita de familiares dos EEUU. Gracias a eles coñecín os Dragos, que son os montes da foto. Tamén souben da frase " son of a gun " que é unha forma fina de dicir " fillo de pu... " e lembrei a palabra " foos ball " xogando ao futbolín. Decateime de que estou perdendo o meu pouco inglés e de que o tío Pepe segue estando no grupo dos bós e xenerosos. Sorprendinme gratamente de ver o fillo e a súa noiva mollando rosquillas en viño tinto coma se fosen de aquí.

A súa ida e unhas pingas do ceo avísannos de que está rematando o verán.

7 comentarios:

  1. O verán, Paideleo, acabou xa: por iso chora o Leíño que ten que ir á escola. Déanlle tempo e irá encantado.

    ResponderEliminar
  2. O verán quédanlle días contados e vaise notando nas noites e nas mañáns que xa están fresquiñas, pero é o que toca.

    A ves se Leo se adapta e para rápido de chorar, eu tiven moita sorte.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Saúdos paideleo, únome ó seu blog, aínda que xa sabía de vostede polo blog de suso lista.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Por aqui o Verão continua. Sol diário calor.
    Nestas idades as crianças costumam adaptar-se rapidamente a novos ambientes.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  5. Arbo terra da lamprea e da aguardente moi bos paixases en direccion Crecente.

    PRAADIANTE

    ResponderEliminar
  6. Onde están os Dragos?
    Hai que ir alá que parecen ben fermosos...
    E o outono éo tamén: refrescan as noites (e dúrmese mellor), vén a vendima e logo a fermosura da caída da folla, as festas do Cristo, bo tempo para paseos polo monte, o magosto...
    Pódese aproveitar ben.

    ResponderEliminar
  7. Non sei polos EEUU, pero aquí tamén refrescou de moito carallo. Esta noite, sen ir máis lonxe, tiven que erguerme de noite e botar unha manta enriba, que notaba eu friaxe no meu corpo serrano.
    Hai que adaptarse á nova estación que chama á porta.
    De igual xeito, o Leiño terá que ir adaptándose ó seu novo cole e compañías novas. Pouco a pouco.

    Apertas

    ResponderEliminar

És humano ti ?