Páxinas

xoves, 28 de xaneiro de 2010

Pelengríns e ladróns


Hoxe levei a Leo ao parque da escarranchada e pasamos polo albergue de pelegríns onde había unha parella de californianos. Quixen practicar o meu inglés tarzánico e pregunteilles se necesitaban algo. Eles tiñan a porta pechada e querían abrila. Había un cartel cun número de teléfono e dixen que chamaran a ese número. Dixeron que non tiñan teléfono e preguntaron onde era o concello e alá botou o home a andar. Fun ao parque e cando cansou o Leo marchamos. Seguían os californianos esperando que chegase un municipal para abrirlles a porta. E mirei que tiñan un móvil na man. Antes dixeran que non tiñan e agora si tiñan ?. E caín da burra. Deberon pensar que eu son a raposa das vinte uñas que é como chama ao ladrón un compañeiro de traballo.
Pois nada, que teñan unha boa pelegrinaxe e que teñan unha boa lembranza de Vilaguindastre co municipal tardón e o home que lles quería roubar.

7 comentarios:

  1. moita desconfianza me parece a mín.
    un home lugareño que lles pregunta se precisan algo...
    e ademáis para qué raio quere ninguén o teléfono móvil doutro,
    agora xa só rouban os modelos quetecagas

    (confesa, paideleo, as fotos que nos pos son falsas, e tí realmente es un greñudo con aspecto grunge e barba de unha semana, e por iso os forasteiros non se fían de ti, porque o tamaño non,
    pero a apariencia,
    seica
    importa)
    :D

    ResponderEliminar
  2. Iso é porque confundiches as verbas i en lugar de ofrecerlhes axuda dixeches algo como...arriba as mancinhas!!!!!!!hai que practicar ese injlés!!!!!

    ResponderEliminar
  3. As clases de ingles foronche ben pequenas,vai ti a saber se algunha vez os atracaron,o que me choca e que desconfiaran de ti levando o neno.

    Non sei,hoxe ae xente pa todo.

    ResponderEliminar
  4. Pois eu creo que o municipal si chegou e os pelegríns (que non eran tales) roubáronlle o teléfono móbil para telefonar "de balde" ás súas amizades do estranxeiro e contarlles o confiadiños que che somos por aquí.

    ...por exemplo, ou??

    ResponderEliminar
  5. Seguro que lles falaches "in English language"?

    ResponderEliminar
  6. Para que logo digan que a xente galega é a máis descofiada do mundo!

    Por certo, Leo debe ser un sol de criatura!

    ResponderEliminar
  7. zeltia: tiñan amosca detrás da orella, si. Supoño que non sería só polomóbil senón por mostrar a carteira ou o lugar onde gardaban as cousas de valor. Eu que sei !.
    A verdade é que a miña imaxe non é de hermanita de caridad e ía sen barbear pero ía cun neno, unha bolsa de merenda e unha moto de plástico.

    vintxuca: supoño que non sería o millor inglés que oíran na súa vida pero tampouco o pior, eh ?.
    Vou ter que practicar o inglés con turistas ( non turistos ) xaponesas, suecas, alemanas ou de por aí diante que teñen un inglés máis básico.

    xenevra: pode ser ben o caso,he,he.
    Aínda tiven sorte de que lles dei mágoa polo neno e non fixeran chourizos co meu corpo serrano.

    Eva G. Rei: máis ben American. Debeu de ser a cousa esa o que os alelou.

    A nena do paraugas: a todo hai quen gañe, a todo. Quero crer que o fixeron para non recibir ningunha axuda externa e así gañar con máis razón o xubileo.
    O Leo faise querer anque ten momentos posesos que acaban coa paciencia de calquera pero son os menos.
    Graciñas polo comentario. Creo que é a primeira vez que comentas por aquí.

    ResponderEliminar

És humano ti ?