leoeosseus

domingo, 14 de decembro de 2008

Invernía



Nesta fin de semana chuviñenta, ventosa e fría case non pasou nada: os papa Noeles das fiestras case voan, case se inauguran parques acuático- infantís como o da Escarranchada da foto, voaron algúns foguetes lanzados por canteiros celebrando a súa patroa e houbo xantar de empresa con citas de Herman Hesse e discursos do tipo: " Fue de las primeras o segundas personas que conocí "... Case nada.

Etiquetas: , ,

14 comentarios:

Ás 14/12/08, 23:40 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Eu non sou canteiro pero traballo no ramo do granito e non che sabía que Sta. Lucía era patrona deles, e claro, este ano non traballaron xa que era sábado. Os anos anteriores tampouco me lembro descansar ese día.
O que máis me fastidia, aínda por riba, é que aquí en Areas temos unha capela adicada a santa.

Así que fixeches casas de granito?

Un saúdo

 
Ás 15/12/08, 02:51 , Blogger An dixo...

vendo a foto, decatome do fermosamente absurda que é a nosa terra, a vegadas desexo que remate este ano desexando que o que ven, sexa inda mellor. saúdos e apertas

 
Ás 15/12/08, 16:01 , Blogger LM dixo...

pois han ter que ir pensando en climatizar a auga do parque acuático...
beijos

 
Ás 15/12/08, 16:48 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Buah, como disfrutarían os nenos se os deixaran mergullarse nese parque así!!

Aquí tivemos (e ainda persiste algunha) neve; que tamén lles mola moito aos pitufos.

 
Ás 15/12/08, 18:31 , Blogger George Amorim dixo...

Ja,non me fales, e eu que vou a Manzaneda o fin de semana pasado e case non habia neve e ahora fai un frio.....estou segura que se vou agora esta petao de neve...

Bicos

 
Ás 16/12/08, 01:01 , Anonymous Anónimo dixo...

Raro é que non pase algo tendo ti os ollos abertos, jeje.
Vou dar unha volta polo blog, os post non caducan ¿ou si?
Apertas.

 
Ás 16/12/08, 17:38 , Blogger Fada Branca dixo...

vendo esa foto ainda teño mais ganas de voltar pra galica

 
Ás 16/12/08, 21:54 , Anonymous Anónimo dixo...

HErman Hesse......CAntos recordos.
Ainda teño moi recente...e nermbargante pasaran mais de trinta anos....trinta anos, mais da mitade da miña vida, dentro de pouco .....Pois nada, ainda penso en Sidarta, o Lobo Estepario, a miña iden tifricacion ca rebeldia, e soidado, do home individualista, violentado e esquecido na vivilizacion materialista, por riba dos ideais.....SE Herman levantara a cabeza a vira a aldea global deste mundo enmerdado de hoxe, no que so impera o capitalismo mais salvaxe....

 
Ás 16/12/08, 23:25 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Vim por a leitura em dia...
Espero que estejam todos bem.
Um abraço

 
Ás 17/12/08, 00:25 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Eu tampouco sabía que Santa Lucía era a patroa dos canteiros. O único que sei é que é avogosa da vista. A min non sei se me deu ou non vista, só sei que o 13 de decembro foi o día que entrei na empresa na que estou, e agora tamén sei que éste foi o último 13 de Nadal que paso nela.
A ver se a Santa me ilumina no novo camiño.

 
Ás 17/12/08, 01:07 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

Herman Hesse, aínda co seu punto cursi, gústame.

 
Ás 17/12/08, 11:23 , Blogger Mer dixo...

Estes fins de semana chuviosos tamén están ben para aproveitar e facer cousas na casa. Nós, a pesar das granizadas e o frío, o sábado pola mañá fomos a biblioteca, pola tarde prantamos 3 árbores frutais, pola noite vimos o partido barça-madrid de rigor e o alugamos unas pelis e fixemos sesión cine en casa -estase xenial cunha mantiña acochada no sofá.
Pola contra, se tes nenos, hai que discurrir cousiñas para que non se aburran, a eles gústalle máis estar ao aire libre.
Unha aperta.

 
Ás 17/12/08, 11:34 , Blogger fgul dixo...

ben, e que cando venha o "apalpador" non afogue na pucharca.

Unh aperta.

 
Ás 19/12/08, 15:57 , Blogger torredebabel dixo...

quedeime atrapada pola foto: é certamente o oposto aos días que temos por aquí nestas datas. Preguntábame como se pode estar así de preto e así de lonxe, a un tempo...
Apertas!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio