Chicas case espidas
Hoxe estiven co mecánico no seu curruncho e había un calendario agasallo dun provedor con chicas case espidas. Isto fíxome lembrar que neste país é mui típico dar calendarios de peto ou grandes en comercios para os seus clientes a fins do ano. As imaxes máis usadas son esceas de adegas, paisaxes, crías de animais e chicas ( típicos en camións e talleres ). Ultimamente hai colectivos que editan calendarios como bombeiros ou policías. Ó que ía; neste país é doado abondo ver imaxes de mulleres espidas ou case e mesmo nun parque infantil de Vilaguindastre podemos topar esta imaxe, cousa impensable nos EEUU.
Esta estatua no parque será para que os rapaces como Leo pensen na comida ?.
Etiquetas: curiosidades, vilaguindastre
4 comentarios:
Penso q Leo non se interesara moito pola statuiña, mais seguro q a moitos rapaces en "idade" si q ye despertaran outras ideas non tan inocentes........g,g,g...
Eu sempre pensando mal, q queres.
Bueno, parece unha explicación lóxica que se está nun parque infantil sexa como monumento á comida... supoño que os menores de dous anos non lle atoparán aínda outras leituras, anque cada día medran antes!, :D
Pois si. Cando paso por diante dun taller da compostelana avenida de Lugo hai uns calendarios para flipar.
Comprobo tamén que o estereotipo de muller "cachonda" mudou dunha xeración a outra.
Tamén a min me ten chamado a atención o feito ese dos calendarios. E as fotos xigantes nos talleres de automóbiles: iso exemplifica unha vez máis a variedade de mundos que habitamos todos; todos pisamos no mesmo chan, pero quizais vivimos en universos moi diferentes. E en canto á escultura pública con espidos (case sempre femininos), o certo é que a maioría son horrorosos. Un chega a lembrar con nostalxia as esculturas homólogas do romanticismo e do modernismo, tan elegantes, tan fermosas...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio