Páxinas

sábado, 27 de febreiro de 2010

Corenta e un meses


Neste día chuviñento o Leo fixo tres anos e cinco meses. Como o día estivo así de feo axudou a facer as camas, xogou coas pezas para facerlle un garaxe a Pocoyo, xogou ao cárcere cos policías Po e Dipsy e os delincuentes Patricio, Bob Esponxa, Grúfalo, león, Epi, Blas, Bart Simpson, Bob Esponxa de plástico, os monos e o crocodilo pinto, sufriu o ataque do mostro tiligueiro, leeu o seu nome, Noé, papá e mamá na pizarra ( sabe escribir o seu nome, outro cantar é que o queira facer), pegou cromos de Bob Esponxa, fixo unha casa de coxíns, representou unhas visitas sociais do moneco Quique a Mickey Mouse e Elmo, disfrazouse de pallazo co curmán na casa dos avós, debuxou unha cara, xogou con globos mentres o Colín non lle arrincou un da man, serviu de sobremesa á tía Kasege, xogou aos barcos cunha caixa de cartón e á tele coas escaleiras dos tíos, deixouse levar nunha zorra de cartón polo seu curmán e o seu pai e agora dorme coma un bendito.
Pórtase mui ben, xa pide sempre polas súas necesidades, fala coma un lorito co seu castrapio de cada vez máis castelanizado e vai comendo ben.
Que siga así !.

19 comentarios:

  1. oes hoxe topeille moito parecido contigo ó leo! (pero é ben máis juapo ca tí, jajaja)
    está grande, eh, ¿non? a mín parécemo. o meu era pequeno, coma a nai.
    por certo que o meu, cando tiña 4 anos, fíxome ter que "aprender a adaptarme", querer igual ó novo neno que foi aparecendo: pegou un cambiazo!
    fora un neno pequeno obediente, moi moi cariñosiño, mimosón, e de pronto botou un carácterrrrr, sí si, con 4 anos, empezou a amosar unha forte independencia, desenrolou picardias e "maldades"... ocorrianselle trasnadas sen fin..., vamos, que me custaba ver nel "o meu doce meniño".
    despois viñeron moitas outras adaptacións en distintas fases! jajaja (porque iso sí: sempre nos toca adaptarnos os pais ós fillos, non ó revés, ainda que pareza mentira)
    pero, ainda xa todo un home, sempre segue a ser o meu meniño de doce mirar...

    o leo traballou arreo hoxe, eh!

    ResponderEliminar
  2. Eu também lle vexo que se vai parecendo cada vez máis a ti non é? E menudo día leváchedes, aghotoume só de pensalo :D

    Biquiñossssssss

    ResponderEliminar
  3. Amen, que siga así...é que nos sete meses que lle quedan para facer os 48, sexan sempre ledos. Saúdos

    ResponderEliminar
  4. Que siga así, crecendo san e ledo, exactamente, ese sorriso dio todo.

    Biquiños para il :)

    ResponderEliminar
  5. pois coincido con Zeltia en que se parece a ti, polo menos na foto que tes no blog.

    ¡cantas cousas pode facer un pequeno nun día!, da medo.

    eu xa non no recordo, a miña filla xa vai para os dezanove.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  6. Parabéns para Leo, para seu pai e para súa nai. É unha ledicia ver medrar as crianzas, fortes e inquedas, pero seguras.
    Moitas felicidades!

    ResponderEliminar
  7. Parabéns para todos e principalmente para o que cumpre os anos; cun día así é normal que caese rendido.

    ResponderEliminar
  8. ¡Que siga! e non hai dúbida ningunha de que é mais guapo que o pai. ¿É todo a nai?.
    Bicos

    ResponderEliminar
  9. Non lles fagas caso ás que che din que se parece a ti. A min decíanmo cando paseaba á filla dun curmán dun amigo de meu cuñado...
    O certo é que o rapaz está feito un cabaleiro. Logo che ha de botar moza.

    Apertas

    ResponderEliminar
  10. Concordo coas mozas que din que o Leo se vai parecendo a ti, e en "diresto" tamén, sobre todo cando pon a cara seria e queda observando.
    Perdínme polo camiño da explicación de Chousa...
    Que siga así moitos anos máis e nós que o vexamos.

    ResponderEliminar
  11. En fin, que eu non sei a quen se parece pero, éche ben guapo! e está facendo un traballo de primeira o seu pai xa coñece todos os nomes dos muñecos e iso non é sinxelo.

    ResponderEliminar
  12. Está moi guapo e grande.
    Que día máis ben aprobeitado e o que nos aburrimos os adultos cos días asi nos que hai que quedar na casa....
    Bicos a pai e fillo

    ResponderEliminar
  13. Si ten moito parecido contigo ,cada vez mais.
    Bicos.
    A.Cris

    ResponderEliminar
  14. Este blog vai ser un referente pàra os pediatras para amosarlles aos pais recentes cómo evolucionan os nenos e os coidados que requiren. De paso tamén aprenden da experiencia dun pais que nolo vai contando con todo detalle mes a mes.
    Outra cousa, como facermos para ensinarlles a lingua sen contaminacións?. Sexa galego ou castelán. Velaí a leria que nos traemos neste impaís.
    Moitas apertas pata todos tres.

    ResponderEliminar
  15. Parabéns para Leo! Hai que ver o rápido que medran os nenos!
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  16. Noraboa e sí, que siga así.
    41 meses xa? hai tanto que visito o teu blog? o tempo pasa que da medo

    ResponderEliminar
  17. Vaia sorriso de modelo que puxo para a foto!

    ResponderEliminar
  18. E cando nos deamos de conta será el o autor das entradas que falarán do seu pai ;)

    ResponderEliminar
  19. Nós temos esa casiña de madeira...

    ResponderEliminar

És humano ti ?